NIGRÁN
Voluntarios de Nigrán retiran 800 kg de lixo do esteiro da Foz
Un total de 40 persoas (record de participación dende que o Concello de Nigrán se sumou hai cinco anos a esta campaña de concienciación ambiental) retiraron todo tipo de material, fundamentalmente vidro, plásticos, aparellos de pesca...
O Concello de Nigrán sumouse por quinto ano consecutivo este domingo ao “Proxecto Móllate polos Ríos”, coordinado pola asociación ecoloxista Adega e que nesta ocasión se centrou no Esteiro de A Foz, desembocadura do río Miñor, onde se retiraron preto de 800 kg de lixo na 'XII Limpeza Simultánea' en toda Galicia. Nesta ocasión participaron 40 persoas, o grupos de voluntarios máis numeroso ata a data, e entre todos reuniron vinte sacos con trozos de vidro (botellas fundamentalmente), plásticos, materias de pesca, neumáticos...
O Concello de Nigrán participa nesta xornada de concienciación ambiental dende o ano 2015 baixo a iniciativa do goberno local. Dende entón, grazas o labor de voluntarios, téñense retirado do esteiro de A Foz algo máis de dúas tonelada de lixo, principalmente botellas de vidro e material de construción e pesca, pero tamén tixolas, paraugas, cadeiras, xoguetes...

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217