Viernes, 13 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 30 de Septiembre de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

O Pleno de Mos aproba a modificación puntual do PXOM

O Pleno do Concello de Mos na súa sesión ordinaria de setembro, celebrada hoxe, deu luz verde a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) grazas aos votos favorables dos nove concelleiros do Partido Popular que conforman o  equipo de goberno. Os grupos da oposición. PSOE, Gañamos e o Bloque Nacionalista Galego votaron en contra.


A modificación puntal do PXOM de Mos aprobada hoxe no Pleno nace da necesidade de cambiar o uso actual do solo, actualmente clasificado como rústico de protección forestal, para aproveitar as potencialidades  do concello para localizar novos investimentos.


A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo insistiu  na “oportunidade histórica” que supón para Mos o proxecto do Real Club Celta, “que convertirá este municipio nun referente internacional en materia deportiva, xerará emprego, economía e comercio para os mosenses”. De feito, e segundo a memoria económica do proxecto levado hoxe ao pleno, prevese a creación de máis de 2.000 novos postos de traballo e permitirá un incremento na recaudación anual impositiva de máis dun millón de euros. Asimesmo, aportará ás arcas do Concello de forma puntual máis de sete millóns de euros.


En conxunto, o proxecto suporá crear novas infraestruturas públicas para o municipio por valor de 41,6 millóns de euros e un investimento total duns 200 millóns de euros co conseguinte impacto na dinamización da industria e, en xeral, na economía local e de toda a área metropolitana. O proxecto tamén prevé a mellora ambiental e paisaxística de máis de medio millón de metros cadrados de monte que se reforestarán con especies autóctonas conformando un parque de uso público e unha mellora importante nas redes veciñais de auga existentes no ámbito, garantindo a  conservación e renovación das actuais infraestruturas.


Arévalo instituí tamén en que “o Concello de Mos seguirá a ser o maior garante de todo o proceso e que traballará sempre desde o respecto e coa fin de conseguir un acordo que resulte positivo para todas as partes”.

 

Servizo municipal para dúbidas e alegacións
O Concello de Mos lembra que, tras esta aprobación, ábrese un plazo de exposición pública do proxecto de 60 días e que a partir de mañá, e por un prazo de dous meses, todos os veciños poderán presentar alegacións e exponer e resolver as súas dúbidas con dous técnicos municipais, un xurídico e un arquitecto, que estarán a súa disposición, no Concello, en horario de mañá.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.