Viernes, 30 de Enero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 02 de Octubre de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A web de Turismo Rías Baixas incrementa un 11% as súas visitas

A mellora de contidos e audiovisual impulsa as redes sociais con 25.000 seguidoras e seguidores en Twitter e un notable aumento en Facebook

A páxina web de Turismo Rías Baixas incrementou un 11 % as súas visitas desde principios de ano e en agosto bateu o seu récord histórico de usuarias e usuarios mensuais con 41.200 persoas seguindo puntualmente a información sobre a completa oferta turística do destino.

 

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, presentou esta semana no Pazo provincial os bos resultados do proxecto de actualización da web e destacou o “enorme impacto” logrado polo destino #PontevedraProvincia nos últimos meses na Internet e no conxunto das redes sociais de Turismo Rías Baixas.

 

O portal conta agora cun deseño claro e intuitivo, adaptado á navegación en todos os dispositivos e con contidos estruturados en base aos eixes do Plan estratéxico de turismo 2017-2020: enogastronomía, natureza, cultura, turismo activo, termalismo, patrimonio, festas e Camiño de Santiago.

 

Ao 11 % máis de visitas logradas na web de Turismo Rías Baixas súmase un 18,43 % máis de páxinas vistas e un crecemento das usuarias e usuarios novos do 9,16 % desde xaneiro, pasando de 381.284 a 451.573.

 

Os datos demostran unha mellora do posicionamento en buscadores por parte da provincia de Pontevedra e un maior interese por campañas específicas como #HambredeExperiencias, os Festivais Rías Baixas e o especial sobre as seis rutas xacobeas que atravesan Rías Baixas . Todo este contido novo logrou que aumenten tamén as páxinas consultadas por sesión e que as usuarias e usuarios pasen máis tempo no portal de Turismo Rías Baixas.

 

A conta oficial de Twitter acaba de alcanzar a simbólica cifra de 25.000 usuarias e usuarios, consolidando o seu liderado entre as deputacións galegas. Nos tres meses de verán lográronse 1,2 millóns de impresións cos tuits publicados desde @turisriasbaixas. En Facebook tamén se rexistrou un notable crecemento e a páxina de Turismo Rías Baixas queda preto tamén das 25.000 persoas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.87

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.