VIGO
Feijóo reafirma o compromiso coa feira internacional Conxemar
Lembra que o sector exporta máis ca nunca, superando a barreira económica dos 2.200 millóns de euros nos produtos do mar, cun aumento económico, ademais, do 70% nos últimos dez anos

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reafirmou hoxe o compromiso coa feira internacional Conxemar, cuxo éxito, aseverou, inspira, ano tras ano, ao sector a seguir crecendo a través da internacionalización e o valor engadido.
Durante a inauguración da feira Conxemar 2019, Feijóo incidiu na importancia de eventos coma este -que, o pasado ano, contou con máis de 740 expositores, procedentes de 48 países e con preto de 35.500 visitantes-, para que o sector pesqueiro galego poida demostrar os importantes avances dos últimos anos e que implican que a marca Galicia na pesca suma.
Ao respecto, lembrou que o sector exporta máis ca nunca, superando a barreira económica dos 2.200 millóns de euros nos produtos do mar, cun aumento económico, ademais, do 70% nos últimos dez anos. E, tamén traspasou a barreira das 600.000 toneladas, cun aumento nesta variable do 27% na última década.
“Deste xeito, os noso produtos seguen conquistando novos mercados e poden mercarse en 121 países”, dixo, subliñando que Galicia é a décima exportadora mundial de produtos de pesca.
Salienta que os datos de facturación proban que Galicia conta cun sector tamén máis competitivo: no caso da conserva, a facturación aumentou case un 14% nos últimos dous ano; e o conxelado medrou tamén en case un 20%
Nesta mesma liña, subliñou que os datos de facturación proban que Galicia non só conta cunha pesca máis internacionalizada, senón cun sector tamén máis competitivo. Así, no caso da conserva, a facturación aumentou case un 14% nos últimos dous ano; e o conxelado medrou tamén en case un 20%.
Un aumento nas cifras que, segundo precisou o titular da Xunta, ten moito que ver co incremento no valor engadido xa que, se hai unha década o prezo medio por quilo era de 3 euros e medio, hoxe, raia os 5 euros por quilo, isto é, un aumento do 40%.
O responsable do Goberno galego animou ao sector pesqueiro a, xuntos, seguir apostando pola mellora das estruturas da cadea mar-industria, pola mellora da competitividade e pola remuda xeracional, así como a continuar traballando por defender e consolidar a nosa actividade pesqueira.
Así mesmo, incidiu na importancia de estar presentes nas principais feiras de produtos alimentarios en xeral e, principalmente, nas de pesca que levan ao sector a lugares como Boston ou Hong Kong.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49