Viernes, 23 de Enero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 03 de Octubre de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Plan Revitaliza dota O Porriño con 80 composteiros para vivendas unifamiliares

Oitenta composteiros individuais para vivendas unifamiliares serán repartidos próximamente a través do Concello do Porriño para extender a compostaxe nesta vila. Esta mañán persoal do “Plan Revitaliza” da Deputación Provincial fixo unha acción informativa e de recollida de solicitudes de composteiros, a través dun stand que montou na praza Arquitecto Antonio Palacios en colaboración co Concello. Sergio Casal, concelleiro de Medio Ambiente compartiu cos mestres composteiros as explicacións ós interesados en coñecer as vantaxes da compostaxe.

 

O compost converte os restos de comida e vexetais en fertilizante natural. Para compostar é preciso mesturar o lixo orgánico con restos leñosos e secos de podas, serraduras, follas… A transformación pódese realizar en calquera casa ou zona comunitaria mediante un composteiro, sen ningún tipo de mecanismo nin gasto de mantemento. Non esixe máis que o desexo de facelo e, en tempo, uns dez minutos á semana. O lixo diario que se xera nos fogares contén  un 53 % de materia orgánica que pode ser reciclada e retornada á terra en forma de humus para plantas e cultivos. De cada 100 quilos de lixo orgánico obtéñense entre 10 e 15 quilos de compost.

 

Por outra banda, o Concello do Porriño tamén se acolle a compostaxe coa biotrituración dos restos das campañas de limpeza forestal e desbroce que se están a realizar. A biotrituraciñon realizouse en Cataboi en colaboración co Plan Revitaliza como se aprecia nas imaxes adxuntas.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.