GALICIA
A Xunta dá a benvida a un grupo de mozas e mozos italianos que participan no programa a Xuventude
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, deu a benvida este mediodía a unha vintena de mozas e mozos procedentes da cidade italiana de Venecia que participan no programa A Xuventude no Mundo da Xunta de Galicia. O obxectivo desta iniciativa é facilitar o coñecemento doutras realidades socioculturais, así como favorecer a adquisición de habilidades e competencias en idiomas.
Durante os vindeiros seis días estas rapazas e rapaces visitarán lugares de interese turístico e patrimonial de toda Galicia situados na zona de Fisterra e nas cidades da Coruña e Pontevedra, entre outras localidades. O programa de hoxe inclúe un percorrido polo mercado tradicional de abastos de Santiago, o segundo lugar máis visitado da cidade compostelá, coñecer o Museo do Pobo Galego, a catedral e unha ruta guiada pola zona monumental da capital galega.
A visita deste grupo de venecianos veu precedida pola expedición á cidade italiana que unha vintena de mozas e mozos de Galicia fixeron a principios do pasado mes de setembro ao abeiro de A Xuventude no Mundo. Tamén dentro deste programa, en agosto deste ano, outros 15 galegas e galegos entre os 18 e os 30 anos de idade viaxaron á Prefectura de Wakayama, en Xapón.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49