Viernes, 13 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 03 de Octubre de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

Antonio Barros volve a ser a voz de Vigo nos “Recantos de Ouro” de Luar

O mosense, afincado no Porriño, defenderá a primeira rolda mañá 4 de Outubro

O artista mosense Antonio Barros representará novamente a comarca de Vigo, que comprende os concellos de: Mos, Porriño, Vigo, Salceda, Redondela, Nigrán, Baiona, Gondomar, Fornelos de Montes, Pazos de Borbén e Soutomaior, no concurso “Recantos” do programa Luar, da TVG.

 

Nesta edición especial, co motivo do décimo aniversario do concurso, participarán concursantes destacados doutras edicións, moitos de eles fnalistas e incluso algúns dos gañadores, coma no caso de Antonio. Entre as novedades da dinámica do concurso está que ademáis de interpretar un tema en solitario, os artistas terán que cantar un tema a dúo que tamén será valorado polo xurado do programa.

 

Tras o inicio da tempada do programa, o pasado día 13, os concursantes enfrontanse nunha primeira fase que dará lugar á eliminación dos catro recanteiros/as con menor puntuación. O turno do representante da nosa comarca será o próximo venres día 4 de Outubro. A súa puntuación dependerá da valoración do xurado, a puntuación do público mediante chamadas telefónicas, whatsapp e votos nas redes sociais.

 

Antonio Barros, que se dedica profesionalmente á música, compaxinará a súa participación no concurso co seu traballo como cantante de Kubo, un novedoso espectáculo musical da verbena galega. Ademáis está iniciando un proxecto musical coa artista porriñesa iAlma, a piano e voz, que verá a luz o próximo decembro.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.