Martes, 17 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 05 de Octubre de 2019 Tiempo de lectura:
A GUARDA

Adxudicada a obra de mellora do acceso á praia do muíño da Guarda

A actuación enmárcanse dentro do proxecto Visit Rio Minho, cofinanciado ao 75% polos fondos FEDER

A Deputación de Pontevedra vén de adxudicar a obra de mellora do acceso á praia do Muíño de A Guarda á empresa Marconsa S.L. por un importe de de 168.287,34  euros.

 

A actuación forma parte do proxecto de cooperación europea ‘Visit Rio Miño’, de Preservación e valorización do Río Miño Transfronteirizo, do que a Deputación provincial é socia.

 

[Img #56780]Trátase dun proxecto redactado polo departamento de urbanismo do Concello da Guarda. Os obxectivos desta actuación de mellora do acceso da praia do Muíño son: a recuperación e protección do espazo e a mellora do acceso aos servizos da praia por parte da cidadanía.

 

O proxecto contempla a construción dunha rotonda para regular o tráfico, darlle continuidade á senda litoral para unila coa fluvial e a creación dunha ampla área de uso exclusivo para as persoas.

 

Estas obras enmárcanse na actividade 4 do proxecto de cooperación europea Visit Rio Minho destinada á mellora e posta en valor da rede de sendeiros verdes transfronteirizos situados a  ambas marxes do río Miño, a praia do Muíño conta con Bandeira Azul dende hai anos.

 

Visit Rio Minho, está confinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco da convocatoria de axudas do Programa de Cooperación Territorial Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.