PROVINCIA
A Deputación abre o prazo de preinscrición para o proxecto “Labora 2020”
O programa ten como obxectivo mellorar a formación e a empregabilidade na provincia e está dirixido á persoas desempregadas pertencentes a colectivos especialmente vulnerables
A Deputación de Pontevedra acaba de poñer en marcha a primeira fase do Proxecto “Labora 2020”, unha iniciativa que financian a institución provincial e o Fondo Social Europeo e cuxo obxectivo é mellorar a formación e a empregabilidade na provincia entre as persoas inscritas nos servizos públicos de emprego que pertencen a colectivos especialmente vulnerables. En concreto, “Labora 2020” está dirixido a persoas desempregadas de longa duración, mozas e mozos menores de 30 anos, persoas maiores de 55 anos, persoas con diversidade funcional, inmigrantes, minorías étnicas e comunidades marxinadas, outros colectivos desfavorecidos (nos que se inclúen, entre outras, vítimas de violencia de xénero ou de discriminación por orixe racial, orientación sexual e identidade de xénero, persoas con problemas de adicción, persoas sen fogar, solicitantes de asilo) e persoas en situación de vulnerabilidade acreditada por un informe dos Servizos Sociais.
Trala publicación no Boletín Oficial da Provincia das bases que rexerán a selección das persoas participantes, as e os interesados xa poden preinscribirse a través do formulario que atoparán na web da Deputación, na páxina dedicada a este plan (https://www.depo.gal/labora-2020). O prazo para facelo estará aberto ata o inicio das primeiras accións formativas, que está previsto que comecen en novembro. Nesta primeira fase, o proxecto beneficiará a un total de 420 persoas de doce concellos da provincia: Barro, Lalín, Cambados, O Porriño, O Grove, Ponteareas, Vigo, Pontevedra, Tomiño, Soutomaior, Cangas e Vilagarcía.
A finalidade do “Labora 2020” é a realización de actividades formativas constituíntes de itinerarios integrados e personalizados para a mellora da formación e a empregabilidade das persoas participantes, respondendo así mesmo ás necesidades locais xeradoras de emprego nos sectores con maiores oportunidades de crecemento e creación de traballo. No que atinxe a esta primeira fase do proxecto, desenvolveranse sete dos once itinerarios previstos, cun total de 28 accións formativas, centradas en actividades auxiliares de almacén, limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais, dinamización de actividades de tempo libre educativo, infantil e xuvenil, socorrismo en instalacións acuáticas, actividades auxiliares en conservación e mellora de montes, operacións básicas de restaurante bar e competencias clave para a obtención do nivel 2 (lingua galega, lingua castelá e matemáticas).
Nesta primeira fase da iniciativa, que a administración provincial financia xunto ao Fondo Social Europeo, beneficiaranse 42o persoas de doce concellos
Amais de estaren desempregadas, as persoas que poden optar a este programa deben estar empadroadas nalgún dos concellos da provincia, non estar incapacitadas para o desenvolvemento da actividade e acreditar o cumprimento do nivel académico necesario para o acceso ao certificado de profesionalidade de elección, que se poden consultar nas bases publicadas o pasado 1 de outubro no BOPPO.
O proxecto “Labora 2020” ten un orzamento total de 4,8 millóns de euros e conta cunha financiación do Fondo Social Europeo 2014-2020 de 3,8 millóns. En total, está previsto que ata o finais do ano 2020, en que se desenvolverán estas accións formativas, se beneficien desta iniciativa ata 855 persoas, das cales o 53,33% serán mulleres (456) e o 46,67% homes (399), pertencentes a 16 concellos da provincia: Lalín, A Guarda, Cangas, Vilagarcía de Arousa, Barro, Cambados, O Porriño, Mos, Moraña, Valga, Ponteareas, O Grove, Tomiño, Soutomaior, Pontevedra e Vigo. Estas 855 persoas poderán participar nalgún dos once itinerarios centrados na formación profesional para o emprego, que inclúen, amais dos anteriormente citados, atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, atención sociosanitaria a persoas no domicilio e xestión de chamadas de teleasistencia. Amais, o proxecto tamén inclúe dez xornadas informativas de activación e intercambio de experiencias e boas prácticas e accións específicas en igualdade e non discriminación, así como en desenvolvemento sustentable.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.87