PROVINCIA
A Deputación aproba 175.400 euros para as axudas básicas de emerxencia
Carmela Silva destacou que esta liña de axudas ten como finalidade “dar apoio económico aos pequenos concellos para que poidan atender as demandas de urxente necesidade da cidadanía que se atope en situación ou risco de exclusión social”
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou a aprobación, na Xunta de Goberno, da asignación para as Axudas Básicas de Emerxencia (ABE) doutros 19 concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes, cunha contía de 175.400 euros. Como recordou Silva, esta liña de axudas da institución provincial ten a finalidade de “dar apoio económico aos pequenos concellos para que poidan atender as demandas de urxente necesidade da cidadanía que se atope en situación ou risco de exclusión social, cunha especial atención a aquelas persoas con menores ao seu cargo”.
Como explicou a presidenta, trátase de axudas que serven para cubrir gastos de alimentación, gastos da vivenda, pagamento de recibos, pagamento de produtos de hixiene e limpeza, de produtos farmacéuticos, adquisición de electrodomésticos, pagamento de desprazamentos, pagamento de lentes ou audiófonos, pago de gastos derivados de tratamentos de odontoloxía, pagamento de produtos de apoio e axudas de apoio á infancia. “Polo tanto –como destacou Carmela Silva-, cobren as necesidades da cidadanía”.
Os 19 concellos que se beneficiarán desta nova asignación son Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Cuntis, Dozón, Gondomar, Moaña, Mondariz, Mos, Nigrán, O Porriño, Oia, Ponte Caldelas, Portas, Rodeiro, Salvaterra do Miño, Soutomaior, Vilaboa e Vilanova de Arousa. Con esta nova aprobación, son xa 40 os municipios da provincia que teñen as axudas correspondentes a este ano concedidas, cun investimento que suma ata agora 356.900 euros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.87