Viernes, 30 de Enero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 04 de Octubre de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

As artistas de “Camiño a dentro” protagonizan novas accións en Caldas de Reis 
e no Porriño

O programa impulsado pola Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia promociona a ruta xacobea central e a da Costa con expresións artísticas dirixidas á veciñanza e as e os peregrinos

O proxecto “Camiño a dentro” segue a súa andaina pola provincia de Pontevedra para pór en valor o Camiño Portugués e o Camiño Portugués pola Costa tras a súa estrea onte en Baiona. A segunda acción do programa promovido pola Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia a través de “O teu Xacobeo” terá lugar esta tarde, ás 18:30 horas no exterior da Casa da Torre de Redondela, cunha acción poética con música en vivo da man de Carmen Quinteiro. Mañá celebrarase un novo evento en Caldas de Reis, onde Ruth Montiel invitará o público que acuda ao Xardín Botánico a colaborar na creación dunha instalación artística que será presentada ás 18:00 horas.

 

 “Camiño a dentro” ten como obxectivo principal promocionar o Camiño desde unha perspectiva contemporánea con intervencións protagonizadas por dez mulleres artistas de recoñecida traxectoria. Os eventos inclúen desde poesía, música e teatro, ata fotografía, videocreación, ilustración e instalación. A través destas obras búscase afondar na relación entre Camiño e territorio, así como propiciar a interacción entre a veciñanza e as persoas peregrinas e recoñecer o traballo das mulleres no mundo da arte.

 

Dores Tembrás inaugurou o programa o xoves cunha acción poética nos xardíns da Casa da Navegación de Baiona. Tras recalar hoxe en Redondela e mañá en Caldas de Reis, “Camiño a dentro” fará o próximo xoves escala no Porriño, cunha acción musical de percusión a cargo do grupo.

 

Oia, A Guarda, Pontevedra, Nigrán, Tui e Soutomaior completarán as paradas deste proxecto que conta coa participación das artistas Dores Tembrás, Carmen Quinteiro, Ruth Montiel, o grupo Dúas (formado por Sabela Caridad e Marta Figueiredo), María Meijide, Inherente Teatro (integrado por Noelia Blanco, Celina Fernández e Pía Nicoletti), Lucía Loren, Carla Andrade, Nastasia Zürcher e Helen Bertels. A iniciativa está comisariada por Paula Cabaleiro, coordinadora tamén do programa “Mulleres en acción.Violencia zero” da Deputación de Pontevedra.

 

O Camiño Portugués é a segunda ruta xacobea máis transitada de cantas conducen a Santiago de Compostela, con máis de 67.800 peregrinas e peregrinos en 2018 e en aumento constante nos últimos anos. O Camiño pola Costa, que cruza todo o litoral desde A Guarda ata Redondela, tamén rexistra un progresivo incremento de persoas, con 13.638 en 2018. Así, as dúas rutas vencelladas ao país veciño superan as 81.500 persoas ao ano en tránsito pertencentes a un grande abano de nacionalidades.

CONCELLO

LUGAR, DÍA, HORA

ARTISTA. ACCIÓN

REDONDELA

No exterior da Casa da Torre, venres 4 de outubro, ás 18:30 horas

Carmen Quinteiro. Acción poética con música en vivo

CALDAS DE REIS

Xardín Botánico, sábado 5 de outubro, instalación durante o día, coa participación do público, preséntase o resultado, ás 18:00 horas

Ruth Montiel Arias. Instalación artística

O PORRIÑO

Praza do Arquitecto Antonio Palacios, diante do Concello, xoves 10 de outubro, ás 12:00 horas

Dúas, Sabela Caridad e Marta Figueiredo. Percusión

OIA

Inmediacións do mosteiro de Oia, praza Centinela, venres 11 de outubro, ás 18:00 horas

María Meijide. Pintura e ilustración

A GUARDA

Praza do Reló, diante do Concello, mércores 16 de outubro, ás 18:30 horas

Inherente Teatro. Teatro

PONTEVEDRA

Praza da Ferrería, xoves 17 de outubro, ás 12:30 horas

Lucía Loren. Instalación artística

NIGRÁN

Praza do Concello, venres 18 de outubro, ás 19:30 horas

Carla Andrade. Fotografía e videocreación

TUI

Paseo da Corredoira, domingo 20 de outubro, ás 12:30 horas

Nastasia Zürcher. Música

SOUTOMAIOR

Venres 25 de outubro, ás 12:00 horas

Helen Bertel. Acción escénica

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.87

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.