Viernes, 30 de Enero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 05 de Octubre de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra leva mañá ata Baiona a exposición “Rexas, mulleres baixo o terror franquista”

A mostra rende homenaxe a 172 veciñas da provincia que afectadas por todo tipo de represións, dende vexacións sexistas ata asasinatos, e poderá visitarse ata o 18 de outubro nos baixos do concello

A programación cultural da Deputación achegará a Baiona a exposición “Rexas, mulleres baixo o terror franquista”, unha mostra coa que se pretende homenaxear ás mulleres represaliadas da provincia de Pontevedra. A inauguración terá lugar mañá ás 20:00 horas no concello de Baiona e, a continuación, proxectarase na biblioteca do concello o documental “Matriarcas”, de Xiana Vilar, Mónica Sousa, Vanesa García e Laura Rial.

Posteriormente, haberá unha charla con Montse Fajardo, comisaria de “Rexas” e participante no documental. A mostra estará presente nos Baixos do Concello de luns a venres, entre as 9:00 e as 14:00 horas, ata o 18 de outubro.


Hai que lembrar que “Rexas” recolle exemplos de mulleres pontevedresas afectadas por todas as tipoloxías de represión, desde as vexacións sexistas e as persecucións, ata as torturas e asasinatos. Toda a información relativa á historia das mulleres homenaxeadas está organizada en 12 paneis que inclúen preto dun centenar de fotografías.


Esta mostra, promovida polo departamento de Cultura da Deputación de Pontevedra, busca contar a historia da represión rexistrada en Pontevedra tras o golpe de Estado de 1936 dende o punto de vista das mulleres. Na ducia de paneis que a compoñen conta a historia de 172 veciñas da provincia, a quen deste xeito e con esta mostra se lles rende unha homenaxe.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.87

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.