Viernes, 30 de Enero de 2026

Xornal21.es
Martes, 08 de Octubre de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Hoxe na Escola de Enfermería o Curso de igualdade entre mulleres e homes promovido pola Deputación

O curso terá lugar durante catro martes consecutivos en horario de 11.30 a 13.30 e será impartido pola Asociación Profesional Axentes de Igualdade de oportunidades de Galicia (APAIOGA)

A Escola de Enfermería da Deputación de Pontevedra acollerá a partir de hoxe o "Curso básico de Igualdade entre mulleres e homes e perspectiva de xénero" promovido pola institución provincial a través do servizo de Igualdade. O curso, terá lugar durante catro martes consecutivos en horario de 11.30 a 13.30 e será impartido pola Asociación Profesional de Axentes de Igualdade de Oportunidades de Galicia (APAIOGA).

 

A través deste módulo de sensibilización, dirixido ao alumnado da Escola de Enfermería, preténdese formar sobre a importancia de contribuír á ruptura de estereotipos e prexuízos de xénero, así como difundir información sobre igualdade de oportunidades, discriminación, corresponsabilidade e violencia de xénero, así como proporcionar coñecementos e ferramentas para facilitar a reflexión autocrítica e promover actitudes feministas.

 

En total o curso ten unha duración de 8 horas divididas en catro sesións de dúas horas cada unha delas. Máis polo miúdo, ao longo das xornadas falarase sobre o sistema sexo-xénero e a discriminación como fenómeno estrutural; roles e estereotipos; estruturas de xénero; violencias machistas e a incorporación da perspectiva de xénero á práctica profesional da Enfermería.

 

A formación impulsada pola Deputación de Pontevedra no marco do primeiro curso da Escola de Enfermería será impartida pola asociación APAIOGA, entidade sen ánimo de lucro constituída no 2004. APAIOGA está integrada por axentes de Igualdade con formación específica teórico-práctica na materia. Ao longo da súa traxectoria ten realizado xa formación en Igualdade en Universidades, centros educativos, concellos e outras administracións públicas, así como elaborado estudos e plans específicos sobre a Igualdade.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.87

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.