GALICIA
A Xunta reclama que non descendan de xeito abrupto os fondos europeos
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado polo director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, e polo director xeral de Planificación e Orzamentos, Miguel Corgos,mantivo esta semana unha reunión co director xeral de Política Rexional da Comisión Europea, Marc Lemaître
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado polo director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, e polo director xeral de Planificación e Orzamentos, Miguel Corgos, mantivo esta semana unha reunión co director xeral de Política Rexional da Comisión Europea, Marc Lemaître, onde o vicepresidente reiteroulle a necesidade de que se arbitren os mecanismos necesarios para que Galicia non teña un descenso abrupto dos fondos da Unión Europea.
Segundo indicou Alfonso Rueda tras a reunión, no novo escenario financeiro da UE ábrese un período complicado, no que Galicia solicita manter os fondos estruturais para o vindeiro período orzamentario e que a Comisión habilite mecanismos que permitan que o cambio de rexión máis desenvolvida a transición non supoña para Galicia un descenso abrupto do financiamento con respecto aos fondos que viña percibindo.
A Xunta apostou dende o ano 2009 pola defensa dunha axuda transitoria para as rexións que por primeira vez abandonaran a categoría de rexións menos desenvolvidas, levando a cabo unha estratexia para a defensa dunha axuda transitoria baseada na alianza con outras rexións en similar situación que a comunidade galega e un arduo traballo constante dentro do Comité das Rexións (CdR), e agora espera que o Goberno central axude ás comunidades autónomas que se poidan ver afectadas nesta baixada orzamentaria.
Alfonso Rueda indicou que o encontro se enmarca na defensa dos intereses galegos nas negociacións do Marco Financieiro Plurianual 2021-2027
Alfonso Rueda incidiu en que o Goberno galego seguirá traballando arreo e velando para que a nosa comunidade siga percibindo as axudas europeas que lle corresponden no vindeiro período orzamentario e se teñan en conta o bo uso que se fai dos fondos europeos, xa que Galicia segue sendo unha das rexións que mellor os empregan.
Ao igual que ocorreu no anterior período orzamentario, a Xunta está mantendo encontros para paliar e evitar esta posible perda de fondos, onde o Goberno galego estivo ata o final loitando para que a nosa comunidade tivera unha rede de seguridade que lle permitira manter as axudas e que finalmente foi aprobada para as rexións que saían do Obxectivo Converxencia, como era o caso de Galicia. Por iso, asegura que resulta necesario articular unha axuda transitoria para as rexións europeas, unha asignación especial que compense as perdas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49