Martes, 17 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 11 de Octubre de 2019 Tiempo de lectura:
A GUARDA

‘Música e Viño’ 
continúa o seu camiño co concerto de The Pretty Shirts na Guarda

Rock &roll cru e directo para desfrutar cos viños das adegas Quinta de Couselo, Terras Gauda, Adegas do Vimbio e Altos de Torona

[Img #56982]

 

Segunda parada do proxecto ‘Música e Viño no Teu Camiño’. O grupo The Pretty Shirts porá a música á segunda sesión do proxecto este sábado 12 de outubro na Praza do Relón da Guarda nun evento no que o rock&roll cru e directo maridarase cos viños das adegas Quinta de Couselo, Terras Gauda, Adegas do Vimbio e Altos de Torona. O evento comezará ás 20.30 h coa apertura dos stands de venta de viño con DO Rías Baixas, no que todas as persoas asistentes poderán degustar unha copa de viño ou mercar unha botella a prezos populares. Ás 21.00 h o actor, director e guionista guardense Nani Matos será o encargado de dar a benvida ao público e dar paso ao concerto musical deste grupo da Guarda que segue a premisa orixinal do garage-rock: grandes doses de enerxía sobre o escenario.

 

Música e Viño no teu Camiño é unha actividade impulsada pola Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural beneficiaria do programa O teu Xacobeo, impulsado pola Xunta de Galicia. O seu obxectivo é crear puntos de encontro entre as persoas que peregrinan polo Camiño de Santiago e a poboación local dun xeito diferente e orixinal: a través de tres eventos musicais que, tras o seu paso por Redondela e este sábado pola Guarda, rematará en Tui.

 

 

 

 

O evento comezará ás 20.30 horas coa apertura da venta de viños

 

 

 

 

Son todo concertos musicais ao aire libre e totalmente gratuítos que funcionan como eixo central dun espazo creado para fomentar as experiencias positivas arredor dos produtos do territorio, poñéndoos en valor e promocionándoos. Así, o público asistente poderá degustar viños con D.O. Rías Baixas das adegas Quinta de Couselo, Terras Gauda, Adegas do Vimbio e Altos de Torona.

 

A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural é a entidade sen ánimo de lucro responsable da execución da Medida Leader 2014-2020 no territorio recoñecido pola Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia como Grupo de Desenvolvemento Rural 14 (GDR14), que abarca 13 concellos do sur da provincia de Pontevedra: Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, A Guarda, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, O Rosal, Tomiño e Tui.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.