Martes, 17 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 14 de Octubre de 2019 Tiempo de lectura:
A GUARDA

A Guarda oferta un Curso de Inglés para empresas de hostalaría e aloxamento

[Img #56988]O Concello da Guarda oferta unha nova actividade de formación especialmente dedicada a empresas do sector da hostalaría e do aloxamento, co obxectivo de mellorar a calidade da atención aos clientes destas empresas.

 

O curso, totalmente de balde, terá comezo no mes de novembro e as inscricións están abertas ata o vindeiro 23 de outubro na Oficina de Turismo do Concello da Guarda, na Praza do Reló, chamando ao 986 61 4546 ou no enderezo electrónico turismo@aguarda.es

 

As clases terán lugar no antigo colexio Sinde da Rúa Puerto Rico todos os mércores en horario de 17:00h a 19:30h ata o 18 de decembro, cun total de 20 horas lectivas.

 

O inicio e presentación do curso será o 5 de novembro, unha boa oportunidade para mellorar a lingua inglesa, cunha temática enfocada ao sector da hostalaría e dos aloxamentos, que permitirá aos participantes mellorar o seu vocabulario e a atención aos seus clientes de fala inglesa.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.