A GUARDA
O BNG da Guarda convoca á Comisión de Seguimento do pacto de goberno
Fano despois do que consideran "graves feitos ocorridos e a inxerencia do alcalde socialista no plan de mobilidade e de modelo urbano, unha área de competencia exclusiva do BNG"
O Grupo Municipal do BNG na Guarda ven de convocar á Comisión de Seguimento do pacto de goberno no concello guardés "a raíz dos graves feitos ocorridos nos últimos días e tras as manifestas inxerencias por parte do alcalde do municipio (PSOE) en áreas de responsabilidade e competencia exclusiva do BNG". O portavoz nacionalista e tenente de alcalde da Guarda, Anxo Baz, recalca “a irresponsabilidade dos socialistas, incapaces de liderar un goberno forte co que mudar e mellorar A Guarda e que prefiren a imposición en lugar do consenso a pesar de que supoña un prexuízo evidente para a veciñanza”.
"Actitudes como a decisión unilateral do alcalde da Guarda de cambiar a sinalización e colocar prismas de pedra e mobiliario urbano na rúa Concepción Arenal, contradicindo e condicionando gravemente o deseño realizado pola concellería de Mobilidade e Modelo Urbano, van claramente en detrimento da cidadanía". “Están xogando co futuro da Guarda e poñendo en perigo a estabilidade do concello, deixando no aire cuestións tan importantes como os orzamentos municipais”, salienta Baz.
O Grupo Municipal do BNG asegura que non chegou a acordo de goberno na Guarda “para continuar con políticas atrasadas, senón para traballar polo futuro da vila”. O BNG convoca esta reunión da Comisión de Seguimento porque síntese na obriga de traballar a prol dos guardeses e guardesas e “non estamos atados ás cadeiras do Goberno nin aos salarios”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11