SALUD
Hoxe comeza a campaña de vacinación antigripal na Provincia de Pontevedra
Desenvolveráse ata o 27 de decembro e poderán vacinarse, en 250 puntos, as persoas de 60 ou máis anos e de 6 meses a 59 anos con patoloxías crónicas
A Consellería de Sanidade inicia hoxe luns 14 de outubro na provincia de Pontevedra a campaña de vacinación antigripal, que durará ata o vindeiro 27 de decembro. Cóntase con 250 puntos de vacinación, repartidos en centros de saúde e consultorios, centros hospitalarios públicos, hospitais e consultas médicas privadas; residencias e centros para a terceira idade; unidades asistenciais de drogodependencias; centros penitenciarios e centros de atención a discapacitados.
Este ano, baixo o lema A Gripe vai chegar... Vacínate,a Consellería de Sanidade adquiriu 615.000 doses de vacinas antigripais -7.000 máis que en 2018- e destinou un orzamento de 3.466.632 € -1.283.412 € máis que no ano 2018- o que supón un incremento de preto do 59%. Así mesmo, Galicia será a primeira autonomía en administrar na campaña unha vacina tetracelular a persoas de 15 a 64 anos con factores de risco. Deste xeito, Sanidade cumpre un dos obxectivos marcados no Plan Galego de Atención Primaria 2019-2021, aprobado o pasado mes de maio.
Tres tipos de vacina
Unha das novidades desta campaña 2019 é ó uso de tres tipos de vacinas: a vacina tetravalente de cultivo en ovo, que pode ser utilizada na poboación infantil con patoloxía de base, de 6 meses ata os 14 anos de idade; a vacina tetravalente de cultivo celular, que se empregará por primeira vez para as persoas con factores de risco de 15 a 64 anos, e tamén está indicada para embarazadas; e a vacina trivalente adxuvada, para todas as persoas de 65 anos ou máis ingresados en residencias ou non e que se corresponde co grupo de persoas con maior risco de complicacións. Esta ampliación de idade nesta última vacina significa un incremento do 72% de doses con respecto ao ano pasado. Todos os centros na provincia de Pontevedra disporán destes tres tipos de vacinas.
A partir da cuarta semana da campaña, desenvolverase o programa de promoción da vacinación mediante chamada activa e tamén a través de SMS
Do total de 615.000 doses de vacinas antigripais adquiridas, 20.000 corresponden a tetravalente de cultivo en ovo, 165.000 á tetravalente de cultivo celular e 430.000 doses son de vacina trivalente adxuvada -180.000 doses mais que o ano pasado-.
Poboación diana e obxectivos específicos
A vacinación ofértase gratuitamente para as persoas de 60 anos ou máis anos da provincia de Pontevedra, residentes en institucións pechadas de calquera idade, mulleres embarazadas, nenos e adolescentes con tratamentos prolongados de ácido acetilsalicílico. A novidade deste ano foi a inclusión de nenos de 6 meses que naceran prematuros -con menos de 32 semanas de xestación- e a incorporación explícita das persoas con trastornos da coagulación. Tamén para aquelas persoas dentre 6 meses e 59 anos con factores de risco que os predispoñan a padecer complicacións derivadas da gripe. Ademais, ofértase a persoas que lle poden transmitir a gripe a outras con alto risco de complicacións (entre os que se atopan os traballadores sanitarios) e para persoas que desenvolven servizos esenciais para a comunidade.
Sanidade mantén a indicación prioritaria da vacinación no persoal sanitario do SERGAS, por segundo ano consecutivo e tras a boa aceptación que tivo esta iniciativa en 2018, polo que lles ofreceu a posibilidade de vacinarse, de forma exclusiva, unha semana antes do comezo da campaña xeral.
Os obxectivos específicos son acadar unha cobertura na poboación de 60 a 64 igual ou superior ao 35%; conseguir unha cobertura na poboación de 65 anos ou máis anos igual ou superior ao 65%, acadar unha cobertura igual ou superior ao 50% -10 puntos máis que en 2018- nos traballadores sanitarios do SERGAS e igual ou superior ao 55% -15 puntos máis que na pasada campaña- nas mulleres embarazadas.
Web temática
Coma noutros anos, Sanidade terá activa a web temática //gripe.sergas.es coma portal de información para a poboación en xeral e para os profesionais, na que se actualizará toda a información técnica e os datos de evolución da campaña.
Así mesmo, os usuarios da aplicación informática VACGAL recibirán os avisos do inicio da campaña. E os médicos e persoal de enfermería contarán con informes mensuais sobre a cobertura de vacinación antigripal por cupo, que lles permitirá dispoñer de información personalizada.
A partir da cuarta semana da campaña na provincia de Pontevedra tamén se desenvolverá o programa de promoción da vacinación antigripal mediante chamada activa ou SMS. Os profesionais de enfermería chamarán á poboación provincial dentre 65 e 74 anos que aínda non teña posta a vacina ou tamén se avisará por SMS ás persoas maiores de 65 anos das que o SERGAS teña o seu telefono rexistrado. Tamén se establecerán axendas de citación especial para vacinar e realizaránse vacinacións a enfermos crónicos nas visitas a domicilio.
Vacinación nas EOXI´s
Na área de Xestión Integrada -EOXI- de Vigo administráronse na pasada campaña de 2018 un total de 87.246 doses antigripais. Desa cifra, 66.426 correspondéronse a maiores de 65 anos, nos que se acadou unha cobertura do 54,64% da poboación diana.
Por outra banda, na área de Xestión Integrada -EOXI- de Pontevedra-O Salnés administráronse na pasada campaña de 2018 un total de 85.808 doses. Delas, 38.354 correspondéronse con maiores de 65 anos, nos que se acadou unha cobertura do 56,69 %.
Ditas coberturas do pasado 2018 representan un incremento en dous puntos porcentuais con respecto aos datos de 2017 en ambas áreas de Xestión Integrada.
Datos vacinais de profesionais sanitarios
Así mesmo, a porcentaxe provincial de profesionais sanitarios -persoal médico e persoal de Enfermería- vacinados amosou un considerable aumento na tempada de 2018, pasando dunha cobertura global en persoal sanitario do 39% en 2017 ao 46 % acadado a pasada campaña.
Na área de Xestión Integrada de Vigo acadouse o pasado ano unha cobertura vacinal global do 47,33 % entre todo o seu persoal sanitario, mentres que na campaña do 2017 fóra dun 36%.
A web temática //gripe.sergas.es será o portal de información para a poboación en xeral e para os profesionais, na que se actualizarán os datos da campaña
En Atención Primaria a cobertura de vacinación antigripal acadada o ano 2018 polos profesionais da área sanitaria viguesa foi dun 56,08 %, mentres que na campaña de 2017 fóra dun 46%.
No que atinxe á Atención Hospitalaria, a cobertura vacinal dos traballadores da EOXI de Vigo acadou o pasado ano 2018 un 43 %, o que supón un incremento de 12 puntos porcentuais con respecto ao dato de 2017, que foi entón dun 31%.
Na área de Xestión Integrada de Pontevedra-O Salnés acadouse o pasado ano unha cobertura global do 46,93 % entre todo o seu persoal sanitario, mentres que na campaña do 2017 fóra dun 45%.
Concretamente, nos centros de atención primaria de Pontevedra e O Salnés, a porcentaxe de cobertura vacinal en 2018 dos profesionais foi dun 57,21 % mentres que en Atención Hospitalaria rexistrouse unha cobertura de vacinación dun 42,64 %, o que supón un incremento porcentual de 14 puntos con respecto a 2017.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149