VIGO
O Concello agarda licitar en dous meses a nova Avenida de Madrid
Asinada por José Luis Ábalos, o Ministerio remitiu a addenda ao convenio de humanización da Avenida de Madrid, por importe de 13,4 millóns dos que Fomento abonará case que nove, segundo informou este xoves Abel Caballero. O Concello agarda poder licitar a obra nuns dous meses, unha vez o Ministerio envíe o proxecto de trazado e conclúa o proxecto construtivo
Unha vez rubricada polo alcalde, o Concello de Vigo vén de recibir asinada polo ministro a addenda ao convenio con Fomento para a remodelación integral da Avenida de Madrid, un acordo que eleva o investimento aos 13,4 millóns de euros na principal vía de entrada e saída da cidade.
Antes de poder licitar a obra, segundo informou o alcalde, o Ministerio enviará ao Concello o proxecto de trazado, que sairá a exposición pública durante trinta días, e o construtivo, que Fomento redacta en paralelo. Abel Caballero recordou que, en virtude do acordo asinado, correspóndelle ao Concello licitar a obra, algo que podería facer dentro duns dous meses aproximadamente. No tocante ao avance das obras, o alcalde non deu prazos e explicou que o convenio, que obriga ás partes, recolle unha previsión de gasto de nove millóns de euros no ano 2020.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49