Provincia
200 mulleres da provincia comezan accións formativas do programa “conectadas”
Os obradoiros de igualdade da Deputación de Pontevedra serán desenvolvidos en 8 concellos da provincia
O programa da Deputación de Pontevedra “Conectadas 2019” continúa poñendo en marcha accións formativas dirixidas a empoderar ás mulleres da provincia mediante a formación. Deste xeito, esta próxima semana comezan doce accións nas que participarán un total de 199 mulleres pertencentes a asociacións de oito concellos pontevedreses.
Máis polo miúdo, 16 mulleres de Cambados participarán na acción formativa “Coidados propios do teu benestar: exercicios motivacionais”, organizada pola Asociación de Vecinos San Vicente. O curso comezará o vindeiro xoves 17 de outubro, desenvolverase ata o 16 de xaneiro no Centro Cultural Manuel Mariño Castro e terá lugar os xoves de 20:00 a 22:30 horas.
A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer do Morrazo levará a cabo un obradoiro sobre “Coidados propios do teu benestar: exercicios prácticos e motivacionais” na que participarán 24 mulleres de Moaña. Este curso terá lugar na sede da Asociación María Martín os luns e os mércores, de 19:00 a 20:30 horas, e desenvolverase dende o 16 de outubro ata o 8 de xaneiro.
En Nigrán 15 integrantes da Asociación A Camoesa comezan o mércores 16 de outubro a acción formativa “Bricolaxe e reparacións no fogar”, que terá lugar de 17:00 a 19:30 horas, no centro da Asociación Cultural de Camoesa ata o 29 de xaneiro.
No concello de Ponteareas comezan dous cursos de “Conectadas”. O primeiro deles achegará a disciplina do “Ioga” a 15 mulleres da Asociación Cultural Centro Cultural de Cillarga e terá lugar no devandito centro, os luns de 18:00 a 19:30 horas e os mércores de 16:30 a 18:00 horas, entre o 14 de outubro e o 13 de xaneiro. O segundo, tratará a “Artesanía en Coiro” e nel participarán 15 mulleres da Asociación Mujeres del Rural do Tea de Puenteareas os martes, de 16:00 a 19:00 horas, dende o 15 de outubro ata o 14 de xaneiro no Centro Cultural Sportivo.
En Redondela a Asociación Española Contra el Cáncer levará a cabo un curso de “Intelixencia emocional”. Esta acción terá lugar os martes e xoves, de 19:30 a 21:00 horas, no Multiusos da Xunqueira e durará dende o 15 de outubro ata o 2 de xaneiro.
En Vigo comezan dous obradoiros de “Artesanía en coiro” . O primeiro deles farao da man da Asociación de Beade, e terá lugar na súa sede os xoves, de 17:00 a 19:00 horas, ata o 6 de febreiro e nel participarán 17 mulleres. O segundo, desenvolverase na sede da Asociación de Vecinos de Cabral os venres, de 17:30 a 20:30 horas, e nel participarán 15 mulleres dende o 18 de outubro ata o 4 de xaneiro. O concello de Vigo tamén acollerá unha acción de “Iniciación ao patchwork” grazas á cal 16 persoas da Asociación Mulleres Rurais Eira familiarizaranse con esta técnica de costura no Centro Sociocultural Bembrive os xoves, de 17:00 a 20:00 horas, entre o 17 de outubro e o 2 de xaneiro.
En Vila de Cruces, 18 integrantes da Asociación de Mulleres Rurais de Camanzo exercitaranse grazas a disciplina de “Pilates” no Local Social da Tilleira os martes de 21:00 a 22:00 horas e os xoves de 19:00 a 20:00 horas, este curso comezará o 15 de outubro e levarse a cabo ata o 6 de febreiro. Pola súa banda, 15 compoñentes da Asociación de Mulleres Rurais de Cumeiro aprenderán sobre “Poda e tarefas do campo desde a sustentabilidade”, un taller que terá lugar os xoves, de 20:00 a 23:00 horas, dende o 17 de outubro ata o 2 de xaneiro.
En Vilagarcía de Aarousa 15 mulleres da Asociación Mulleres Rurais Xiabre participarán nun curso de “Bricolaxe e reparacións no fogar” que terá lugar na Casa da Cultura de Guillán os luns, de 16:30 a 18:30 horas, dende o 14 de outubro ata o 10 de febreiro.
“Conectadas 2019” é un programa provincial que pon o acento na formación, desenvolvendo cursos e obradoiros sobre distintas cuestións para apoderar ás mulleres e dotalas das ferramentas necesarias para construír unha sociedade igualitaria. Amais, esta iniciativa busca favorecer as relacións interpersoais e intercambio de experiencias, contribuír a mellorar a súa empregabilidade e o seu mantemento no mercado de traballo, así como reducir a brecha dixital. Está dirixido a asociacións, federacións e fundacións que traballan para a promoción das mulleres, o seu desenvolvemento, o empoderamento feminino e a consecución da igualdade de mulleres e homes.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.44