Redondela
'Game Off' en Redondela
Galiza Nova rexeita a suposta apertura prevista dunha casa de apostas na vila
A casa de apostas estaría supostamente ubicada a poucos metros dos centros educativos / Xornal21 Inigmage
A organización xuvenil do BNG advirte que este tipo de negocio busca captar especialmente á mocidade
Dende hai unhas semanas transcendeu a noticia de que unha empresa ten a intención de abrir unha casa de apostas no centro de Redondela. A noticia foi recibida con preocupación entre as veciñas e veciños polas consecuencias negativas que pode traer este negocio, especialmente á mocidade redondelá.
A casa de apostas estaría ubicadaa poucos metros de todos os centros educativos situados no centro do concello, destacando os tres institutos de educación secundaria, que “é o público que busca a casa de apostas” explican.
Dende Galiza Nova “vemos con gran preocupación que poida chegar ao municipio de Redondela un tipo de negocio puramente capitalista que xoga coa falsa ilusión e a falsa esperanza de que a sorte pode arranxar unha mala situación económica, cando en realidade todo está pensado para sacar a maior cantidade de cartos posible a quen menos ten. Non é de estrañar que se detecte nos últimos anos un aumento da presenza destes locais en barrios obreiros. Ademais, estes locais de xogo poden derivar en ludopatía, un trastorno serio que podemos tratar de evitar se non permitimos a normalización deste tipo de negocios nos nosos barrios”.
Por todo isto animan “a toda a mocidade e a toda a veciñanza de Redondela a que continúe coas concentracións que nas últimas semanas veñen tendo lugar os luns ás 18h fronte ao posible local da casa de apostas (ao carón da cafetería Na Lúa)”.
A casa de apostas estaría supostamente ubicada a poucos metros dos centros educativos / Xornal21 InigmageDende hai unhas semanas transcendeu a noticia de que unha empresa ten a intención de abrir unha casa de apostas no centro de Redondela. A noticia foi recibida con preocupación entre as veciñas e veciños polas consecuencias negativas que pode traer este negocio, especialmente á mocidade redondelá.
A casa de apostas estaría ubicadaa poucos metros de todos os centros educativos situados no centro do concello, destacando os tres institutos de educación secundaria, que “é o público que busca a casa de apostas” explican.
Dende Galiza Nova “vemos con gran preocupación que poida chegar ao municipio de Redondela un tipo de negocio puramente capitalista que xoga coa falsa ilusión e a falsa esperanza de que a sorte pode arranxar unha mala situación económica, cando en realidade todo está pensado para sacar a maior cantidade de cartos posible a quen menos ten. Non é de estrañar que se detecte nos últimos anos un aumento da presenza destes locais en barrios obreiros. Ademais, estes locais de xogo poden derivar en ludopatía, un trastorno serio que podemos tratar de evitar se non permitimos a normalización deste tipo de negocios nos nosos barrios”.
Por todo isto animan “a toda a mocidade e a toda a veciñanza de Redondela a que continúe coas concentracións que nas últimas semanas veñen tendo lugar os luns ás 18h fronte ao posible local da casa de apostas (ao carón da cafetería Na Lúa)”.






















Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91