GALICIA
A Xunta destaca a importancia de apoiar aos autónomos na súa formación e conciliación
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe en Pontevedra na VII Mesa do Emprego Autónomo para seguir traballando da man do sector en iniciativas que fomenten o autoemprego e o emprendemento
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe en Pontevedra na VII Mesa do Emprego Autónomo, onde indicou a importancia de seguir colaborando con este colectivo para a súa formación e facilitar tanto a conciliación como a segunda oportunidade.
Deste modo, Conde chamou ao diálogo e á colaboración entre os distintos axentes implicados para garantir liñas de actuación conxuntas, apelando á innovación, á dixitalización e á formación como garantes da competitividade empresarial dos autónomos. O conselleiro convidou aos participantes a “adaptarse ás novas tecnoloxías como resposta ás novas demandas dos consumidores”, respondendo de xeito eficiente ao comercio electrónico.
As medidas que desde a Administración se desenvolverán no futuro servirán para complementar e desenvolver ás liñas actuais. Do mesmo xeito, haberá unha especial atención a tres eidos particulares: a formación, como motor de dinamización e consolidación do emprego; a aposta pola conciliación, como valor de cohesión familiar e social; e medidas para a segunda oportunidade, que permita aos autónomos reiniciar a súa actividade cunha nova iniciativa empresarial.
Coas medidas impulsadas a través da Estratexia do Autónomo, o obxectivo é promocionar e consolidar aos traballadores galegos por conta propia
O titular de Economía, Emprego e Industria, salientou a relevancia dos traballadores autónomos para Galicia, situándoos como “un dos sectores máis importantes da nosa economía”, debido á súa capacidade para xerar emprego e ao valor da súa actividade empresarial.
Autónomos en Galicia
Galicia conta con preto de 220.000 traballadores por conta propia, con 1 de cada 5 traballadores pertencendo a este sector (concretamente, o 21,4%). Deste xeito, Galicia é a comunidade autónoma cun maior peso en canto a afiliacións á Seguridade Social, superando ata en catro puntos á media nacional (17%).
Ademais, Galicia é a comunidade referente en canto á consolidación do emprego autónomo, co 73,1% dos negocios con máis de 3 anos de antigüidade. Ademais conta co maior porcentaxe de mulleres autónomas, cun 42,3%, superando á media nacional (35,5%).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49