A GUARDA
Dous bloggers visitan A Guarda para destacar a gastronomía no Camiño Portugués
Na xornada do pasado martes día 15 de outubro A Guarda recibiu a visita de dous importantes Blogueiros ligados aos sectores da gastronomía e do turismo internacional.
Esta visita está enmarcada no Proxecto «Maridando coas xentes do Camiño. Blog Trip de gastronomía e encontros 2019» onde catro dos Bloggers de viaxes e gastronomía máis importantes de España percorrerán o Camiño Portugués da Costa, unha das rutas xacobeas menos coñecidas, degustando en cada etapa as Denominacións de Orixe e os produtos de Indicacións Xeográficas Protexidas da gastronomía galega, realizando varios encontros con colectivos das xentes do Camiño en cada etapa.
No caso da Guarda participou o blogger Alberto Ribas @Alvientoo, con máis de 21,000 followers en instagram, finalista dos «10 Blogs más populares de Fitur», especializado en viaxes e gastronomía, xurado gastronómico e blogger invitado en campañas turísticas en México, Rumanía, Georgia, La Rioja ou Mallorca. Tamén contouse coa participación de Diana Millos @dianamiaus, con máis de 131,000 followers en instagram, instagrammer en inglés de referencia para destinos internacionais.
Unha actividade que se realiza no meses de outubro e novembro para desestacionalizar o sector.
Na Guarda os bloggers reuníronse co colectivo de redeiras da Asociación de Redeiras Atalaia, onde puideron comprobar como é o seu traballo na nave que teñen no Porto da Guarda, intercambiando diferentes experiencias sobre o mundo do mar e da pesca, o seu valor cultural, patrimonial e social. O Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a Concelleira de Patrimonio, Montserrat Magallanes, lles deron a benvida na Nave de Redeiras, compartindo con eles a súa experiencia nesta etapa do Camiño Portugués da Costa, xunto cos representantes da Asociación de Redeiras Atalaia da Guarda.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11