Jueves, 29 de Enero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 17 de Octubre de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación súmase na China á conservación dos exemplares históricos de camelia

Areeiro participa na Reunión Internacional para a Conservación de Camelias Antigas e Históricas, na que participan 25 países de orixe da nosa flor

A Deputación de Pontevedra está a participar ata o domingo 20 de outubro na Reunión Internacional para a Conservación de Camelias Antigas e Históricas, un encontro que ten lugar na localidade chinesa de Conghua, na rexión de Guangzhou/Cantón. Deste xeito, o persoal técnico da Estación Fitopatolóxica de Areeiro únese ás delegacións dun total de 25 países de orixe da camelia, entre os que se atopan a China, o Xapón e Vietnam, os Estados Unidos, Australia e un total de 23 nacións da Europa occidental.


O obxectivo que persegue a Deputación asistindo a este encontro non é outro que a inclusión de varios dos exemplares históricos de camelia da provincia de Pontevedra na lista internacional que se vai comezar a elaborar na propia Reunión Internacional para a Conservación de Camelias Antigas e Históricas. Ao non ser un país de orixe da camelia, Galicia non pode optar a obter representación na lista de camelias silvestres antigas, pero si na de exemplares históricos a preservar. Das 10 variedades de camelia en Galicia cuxas candidaturas se presentan no encontro, oito están en xardíns localizados na provincia de Pontevedra. Neste encontro fixaranse os criterios que deben cumprir as árbores camelias para poder ser incluídos neste documento.


Durante a Reunión Internacional para a Conservación de Camelias Antigas e Históricas, asinarase a “Declaración Apoliu” –nome polo que se coñece o Protocolo para a Conservación de Camelias Antigas e Históricas– pola que se urxe á comunidade internacional a conservar e preservar os seus magníficos exemplares históricos de camelias, tanto silvestres como cultivadas, ao consideralas un patrimonio único e singular, “símbolos de valor incalculable e insubstituíbles dos esforzos económicos, horticulturais e culturais que se levan dando desde hai milenios nas civilizacións humanas”. O texto tamén engade que “as árbores da camelia son sentinelas viventes e internacionais dentro dos xardíns e outras paisaxes, e marcan o transcurso dos esforzos horticulturais e da historia da xardinería ao longo dos séculos”.


Areeiro organiza unha reunión estatal sobre patóxenos vexetais en Pontevedra
O Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra acollerá a vindeira semana, entre o 22 e o 24 de outubro, a IV reunión do ‘Grupo Especializado en Detección, Diagnosis e Identificación’ (GEDDI-SEF), pertencente á ‘Sociedad Española de Fitopatoloxía’ (SEF), cuxa actividade versa arredor dos patóxenos vexetais. As xornadas consistirán en diversas conferencias sobre temáticas relacionadas co sector: acreditación en laboratorios de sanidade vexetal, fungos e oomicetos, bacterias e fitoplasmas, nematodos, virus e viroides. A Estación Fitopatolóxica de Areeiro, centro dependente da Deputación, é a organizadora deste evento de carácter estatal á que poden asistir as persoas socias da SEF.


GEDDI-SEF ten entre os seus obxectivos organizar reunións, seminarios e outros actos relacionados coa súa área de xestión, participar en proxectos de investigación, publicar traballos científicos e divulgativos, harmonizar técnicas de detección e diagnóstico e tamén apoiar os labores de acreditación e contribución ao uso correcto do léxico específico da súa área.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.44

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.