Domingo, 12 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 21 de Octubre de 2019 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

A Xunta acometerá melloras na rotonda da estrada PO – 403

O Xefe Territorial da Consellería de  Infraestruturas, Jose Luís Díez,  desprazouse ata Salvaterra de Miño, xunto diferentes técnicos da Consellería, para informar á Alcaldesa do municipio, Marta Valcárcel Gómez, das   obras que se van a acometer na rotonda da PO 403, actuación solicitada polo grupo de goberno no pasado pleno do 29 de xullo, co fin de que se acometeran as medidas necesarias para mellorar a seguridade desa rotonda e polo mesmo da propia estrada, que une Salvaterra con Ponteareas.


Esta rotonda da acceso ao Polígono Industrial Chan da Ponte, con mais de cincocentos empregados e moito tránsito pesado e que se encontra cun difícil e complicado acceso. Ademais hai que ter en conta que   por esa rotonda teñen que pasar todos os vehículos que entran polo noso pobo a través da Ponte Internacional e os propios veciños e veciñas de Salvaterra que se desprazan ata Ponteareas ou ao enlace da A-52, co conseguinte tránsito de vehículos lixeiros e pesados que iso supón a diario. Nese sentido, e sendo conscientes da importancia de acometer esta obra, a Consellería ven de trasladarlle a Alcaldesa o inicio inminente da obra que quedará rematada antes de finalizar o ano.

 

Ademais desprazáronse ata a parroquia de Oleiros para comprobar o   funcionamento do paso de peóns intelixente que se acaba de instalar na zona de As Santas, co fin de mellorar a seguridade dos viandantes e reducir a velocidade da zona, coa instalación de balizas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.