O PORRIÑO
A Policía Local detén outro ladrón nunha panadería do centro
Axentes da Policía Local de O Porriño detiveron ó presunto autor da tentativa do roubo na Panadería “Erundina” ocurrido esta semana. Os policías locais sorprenderon ó individuo, V.M. M. F. de 34 anos, instantes despois de rachar un cristal da porta de acceso ó citado establecemento. O detido, veciño de Atios, excarcelado recientemente e con numerosos antecedentes policiais, presentaba varios cortes con sangue en ambas dúas máns.
Dúas testemuñas ratificaron ós axentes a sospeita sobre o individuo. Os policías locais notificaron dos feitos á Garda Civil e puxeron ó detido a disposición xunto coas dilixencias.
Tratase do segundo roubo de similares características que esclarece a Policía Local de Porriño nos últimos quince días. O domingo da Festa dos Callos, o pasado 29 de setembro, axentes de patrulla detiveron a J.F.F.R. de 30 anos de idade, delincuente reincidente con antecedntes policiais e penais, pola presunta comisión dun delito contra o patrimonio, acusado de roubar nunha empresa da vila, a plena luz do día. A Policía Local do Porriño recibiu a alerta de que un mozo rachara un cristal dunha fiestra para acceder a unha empresa ubicada no casco urbano. Coa descripción facilitada, a Policía Local dispuxo un operativo para cercar o presunto autor que fuxía polas vías do tren, sentido Vigo.
Desde a Concellería de Seguridade que dirixe Lourdes Moure volvese a suliñar a importancia da colaboración cidadadá para atallar e esclarecer este tipo de feitos delictivos facilitando o traballo da Policía Local do Porriño. Lembrase que o teléfono directo para comunicar coa Policía Local de O Porriño é 620404040.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149