VIGO
Abel Caballero reclama para Vigo formación profesional cualificada
O alcalde e presidente da Fundación ProVigo participou este pasado xoves na xornada sobre formación e desenvolvemento profesional, baixo o epígrafe "Renovación nas profesións cualificadas". Na súa intervención, Abel Caballero demandou a ampliación da FP na cidade e eloxiou a formación profesional que se imparte en Vigo
O alcalde e presidente da Fundación ProVigo inaugurou esta semana a xornada, na que participaron como poñentes os responsables dalgúns centros da formación profesional viguesa. Tomaron na parte no evento o ex director xeral de FP na Xunta de Galicia, Antonio Vázquez, o director do Manuel Antonio, Rubén Otero, a xefa de estudos do IES Audiovisual de Vigo, Nuria Tobío, o director do IES de Teis, Luís Vilán, e a directora do Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico, Engracia Trillo. Abel Caballero eloxiou o traballo de todos eles e trasladoulles o apoio do Concello para o desenvolvemento da súa función formativa.
A xornada concluíu cun coloquio debate e o peche, a cargo do presidente da Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo e tesoureiro da Fundación, Javier Touza.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49