PROVINCIA
Os socialistas preparan unha campaña electoral na que “gastarán moito os zapatos” para estar coa xente
O secretario xeral provincial, David Regades, presenta o seu informe ao Comité Provincial reivindicando a dedicación total da candidatura do PSdeG-PSOE ao 10N, “mentres Ana Pastor fuxe para ser reemprazada por unha alcaldesa que pretende gobernar o seu municipio co teléfono en modo avión”
O PSdeG-PSOE da provincia de Pontevedra celebrou o seu Comité Provincial e declarouse preparado para encarar unha campaña electoral, ata o 10 de novembro, na que a súa candidatura vai pasar moito tempo nas rúas de tódalas cidades, pobos e vilas da provincia. En palabras do secretario xeral provincial, David Regades, “imos gastar moito os zapatos”.
No seu informe ante o órgano de representación de todo o partido na provincia (o Comité Provincial está composto por 310 membros saídos dos órganos de dirección e de tódalas asembleas locais socialistas), Regades anunciou a celebración de tres mitins en Vigo, Pontevedra e Vilagarcía, pero recalcou que a campaña terá un forte acento de proximidade coa cidadanía con actos informais, paseos e encontros a pé de rúa.
David Regades subliñou que tras gañar as tres últimas convocatorias electorais nesta provincia, o PSdeG-PSOE sae decidido a facer todo o posible por conseguir o cuarto deputado, dos sete que reparte a provincia, no Congreso. “Un obxectivo ao que non renunciamos porque queremos que esta provincia contribúa a desbloquear definitivamente a situación en España con deputados como Olga Alonso, Guillermo Meijón, Ángeles Marra e Jorge María”. Diante do Comité Provincial afirmou sentir orgullo por unha candidatura con persoas “coñecidas e recoñecidas”.
Houbo tamén unha alusión ás/aos 22 alcaldesas e alcaldes socialistas (incluído Alberto García, que gañou as Municipais en Catoira e foi relegado por un pacto contra natura) e para a presidenta da Deputación, Carmela Silva, que van ter tamén un papel protagonista na campaña, “porque son os mellores representantes das políticas socialistas pegadas ao territorio”.
Regades expresa o agradecemento do Partido Socialista ás/aos máis de 2.000 militantes da provincia e ás case 200.000 persoas que votaron socialista nas tres últimas citas electorais
David Regades expresou o seu agradecemento aos máis de 2.000 militantes da provincia, polo seu apoio constante, e fíxoo extensivo ás preto de 200.000 persoas que votaron socialista nas tres últimas citas electorais. “O electorado escolle a papeleta do PSOE porque ve nela unha ferramenta de progreso social e debemos esforzarnos para que ninguén esqueza que votar é un dereito polo que os nosos pais e nais, avós e avoas pelexaron”, aseverou. “Agora toca votar con máis forza que nunca, porque estas Eleccións son o produto da inmadurez das forzas que, tendo a opción responsable de absterse na sesión de investidura, non dubidaron en prexudicar ao país e decidiron camiñar concienzudamente cara o abismo político”.
O secretario xeral provincial acusou á anterior número 1 da candidatura do PP, Ana Pastor, de fuxir encantada a Madrid para situarse ao lado dun Pablo Casado que identifica frivolamente a moderación con deixarse barba. Lembrou que Pastor paralizou tódolos investimentos na provincia na súa etapa á fronte do Ministerio de Fomento e iso non se esquece substituíndoa pola alcaldesa de Marín. A propósito de María Ramallo dixo que é imposible gobernar un municipio “co teléfono en modo avión” e preguntouse se o electorado marinense non se sinte enganado ao atoparse cunha alcaldesa a tempo parcial. “Os alcaldes e alcaldesas deben selo de luns a domingo e non só nas fins de semana”, concluíu. Acerca de Unidas Podemos destacou que volve optar “por unha señora de Ferrol” cuxo único mérito é terse situado “no círculo de Pablo”. E así vaticinou que Yolanda Díaz volverá a visitar a provincia un día para “facer campaña” e logo desaparecerá. Sobre Ciudadanos dixo que nin paga a pena falar “pois é o partido dos adeuses”.
David Regades afirmou que a mellor nova para Galicia o 10N sería un Goberno progresista e presidido por Pedro Sánchez, pois precisamos dun Executivo en España que compense os recortes de Feijoo en Galicia. Na súa intervención lembrou que, “gracias á Xunta”, a provincia de Pontevedra comezou este curso escolar con 36 aulas públicas menos e 57 profesores menos, mentres o número de aulas concertadas incrementouse en 14. Referiuse tamén ás listaxes de espera nas garderías da rede Galiña Azul, que superan as/os 1.400 nenas/os nesta provincia. Un dato que complementou co crecemento de máis dun 20% das taxas que pagan as familias, “mentres Feijoo anuncia gratuidades”. Aludiu tamén ao goteo de catástrofes na sanidade pública galega, incluído o recente falecemento dun veciño de Dozón. Finalmente rexeitou á última ocorrencia da Xunta para crear un novo “chiringuito” bautizado como a “Sogama da Auga”, “un truco de malabarista para que as deputacións e os concellos lle paguen á Xunta as obras hidráulicas que Feijoo non fixo nos últimos 10 anos, incumprindo con descaro as directivas europeas e a lexislación española”.
Segundo Regades, o PP está rabioso porque a crise en Cataluña está a ser abordada polo Goberno en funcións con intelixencia e mesura, en contraste coa pésima xestión que fixeron Rajoy e o ex-ministro Fernández Díaz. “Estes son os patriotas que falan todo o día da Constitución”, denunciou, “políticos de pulserita, que fan campaña cos asuntos de Estado e que quedan en evidencia ao pedir a dimisión dun ministro por cear unha hamburguesa”.
Os socialistas pontevedreses, rematou David Regades, queren un Goberno progresista, que aborde os problemas da cidadanía e que non dependa nin de independentistas nin da ultradereita. “O único Goberno posible”, rematou, “para abordar os retos do país e evitar o bochorno colectivo de ver a Abascal sentado no Consello de Ministros”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.44