Salceda de Caselas
Lete Lasa felicita a Ainhoa Lameiro pola prata en patrullas C1
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitaba o 17 de outubro as instalacións do Club Piragüismo Penedo. O responsable do Deporte galego gabou a traxectoria deste club tudense que conta con preto de 70 licenzas federativas nas súas dúas disciplinas -slalom e kayak polo- sendo, unha vintena delas, femininas. Neste sentido Lete Lasa lembrou que o Club Penedo recibe en 2019, máis de 1.500 euros pola convocatoria de clubs da Secretaría Xeral para o Deporte e outros 7.000 euros polo Plan de Patrocinio da Fundación Deporte Galego.
Dentro da lista de talentosos padexeiros coa que conta o Club Penedo, destaca a deportista de Salceda de Caselas, Ainhoa Lameiro que vén de acadar a medalla de prata en patrullas C1 femininas no Campionato do Mundo de Slalom Olímpico e Augas Bravas celebrado en Seu D´Urgell (Lleida). O secretario xeral mantivo un encontro coa padexeira galega onde lle transmitiu os parabéns en nome de todo o deporte galego e desexoulle a mellor das sortes para o futuro no que, de seguro, acadará novos éxitos.
A medalla de Ainhoa Lameiro xunto á prata colleitada polo tamén salcedán Luís Fernández na mesma competición, son os primeiros metais acadados por Galicia nun mundial de slalom. Así, o secretario xeral destacou que grazas ao “incrible nivel piragüista existente en Salceda de Caselas, Galicia reforza a súa posición como líder no piragüismo internacional, agora tamén nas augas bravas”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186