Miércoles, 28 de Enero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 25 de Octubre de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Deputación destina máis de 150.000 euros a equipamento para 9 puntos limpos

A actuación, en sintonía coa “aposta prioritaria pola transición ecolóxica da Deputación”, permitirá a adaptación dos puntos limpos para o cumprimento da normativa europea e española para o tratamento do “lixo tecnolóxico”

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar en Xunta de Goberno a adxudicación do contrato de subministración de equipamentos para os 9 puntos limpos da provincia dentro do programa europeo cofinanciado polo Feder ao 75% no marco do programa operativo de cooperación transfronteiriza España-Portugal 2014-2020. Deste xeito, o goberno de Carmela Silva destina máis de 150.000 euros a estas actuacións.

 

A presidenta da Deputación enxalzou que “o obxectivo deste proxecto ten que ver coa nosa aposta prioritaria pola transición ecolóxica e coa xestión e recollida dos Residuos Eléctricos e Electrónicos”, e explicou que o acondicionamento destes nove puntos limpos permitirá o cumprimento da normativa europea e española para o tratamento do “lixo tecnolóxico”. Tal e como indicou Silva, os puntos limpos de Silleda, Ponteareas, Mancomunidade do Morrazo, A Lama, A Guarda, Nigrán e Gondomar teñen un prazo de execución do contrato de dous meses; o punto limpo de Meaño, de mes e medio; e o de Vilagarcía, de tres meses.

 

A Deputación de Pontevedra conseguiu os fondos FEDER e asumiu o liderado do proxecto ESTRAEE, xunto con outros tres socios españois (Revertia, ERP España e Energy Lab) e dous portugueses (ERP Portugal e Liport). Este proxecto busca dar un salto cualitativo na xestión ambiental e na adaptación á estratexia europea 2020 no ámbito de protección dos recursos naturais e eficiencia na xestión dos residuos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.44

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.