Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 26 de Octubre de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Concello subvencionará con 3.000 € anuais ó piloto Yago Martínez

David Alonso, concelleiro de Deportes anunciou  que o Concello subvencionará cunha achega de 3.000 euros anuais ó piloto porriñés Yago Martínez, campeón de España de motocross sub 18.


O piloto local, orixinario de Atios, acudiu hai dúas semanas ó Concello do Porriño, acompañado do seu pai para tratar co concelleiro David Alonso e co xefe do servizo de Deportes, Julio Bernárdez de esa posible colaboración municipal con este xoven deportista.


Yago Martínez proclamouse campeón de España sub18 de Motocross na tempada que rematou en setembro pasado coa undécima proba do calendario disputada en Molina de Segura (Murcia).


Yago corre con moto “Yamaha” pero non é piloto oficial polo que a súa familia costea os seus gastos co apoio de alguns patrocinadores.


O concelleiro de Deportes decidiu unha achega municipal de 3.000 euros anuais para que este piloto inclua no seu mono, casco ou gorra publicidade de “Porriño, O Concello do deporte”., segundo comunicou David Alonso.

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.