Jueves, 13 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 25 de Octubre de 2019 Tiempo de lectura:
AS NEVES

Veciñas e veciños de As Neves contra o trazado da Liña de Alta Tensión


O Concello de As Neves entregará aos veciños un modelo de alegación contra o trazado da Liña de Alta Tensión, iniciará mobilizacións e levará a súa oposición ao mesmo ata Europa.

 

O Concello de As Neves confeccionará un modelo de alegación que será empregado polas veciñas e veciños que se opoñan ao trazado da Liña de Alta Tensión que Rede Eléctrica Española ten a intención de facer pasar por Vide.

 

Este é un dos acordos aos que chegaron as veciñas e veciños da parroquia e os membros do Goberno Municipal co alcalde, Xosé Manuel Rodríguez e o tenente de alcalde, Marcelino Couto, ao fronte, na xuntanza mantida o pasado xoves, día 17, na Casa da Auga.

 

As veciñas e veciños deixaron clara a súa postura contraria á actual proposta de trazado da liña de alta tensión, e ao proxecto en xeral, polas negativas consecuencias que causaría na comarca.

 

O vindeiro domingo, día 27, coincidindo coa reunión, no mesmo lugar, da Comunidade de Montes, o modelo de alegación será entregado ás persoas que queiran cursala e todos os mesmos tramitaranse dende o propio Concello para facilitar a súa presentación.

 

Contacto cos demais concellos afectados

Na mesma xuntanza, o Goberno local asumiu o compromiso de contactar, dende a Alcaldía, cos demais Concellos afectados na zona (Monção, Melgaço, A Cañiza e Arbo) e a encabezar a mobilización fronte a este proxecto.

 

Chegar ata Europa

O Goberno municipal tamén acudirá á euro-parlamentaria galega Ana Miranda para expoñerlle este asunto e pedir que o mesmo se poña en coñecemento das autoridades e organismos da Unión Europea.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.20

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.