MOS
Aceesca busca en Mos terreos para o seu proxecto de emprego e formación dual
Trátase dunha iniciativa pioneira en Galicia orientada á certificación profesional de persoas con discapacidade intelectual
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a xerente de Aceesca (asociación de apoio a persoas con diversidade intelectual), Ángeles Leirós, reuníronse esta mañá no Concello mosense para abordar o proxecto de emprego e formación dual emprendido pola asociación.
O obxectivo da xuntanza foi presentarlle á rexedora local a devandita iniciativa de emprego e formación dual para persoas con discapacidade intelectual por parte de Aceesca e tratar a posibilidade de contar con terreos dispoñibles a tal fin no municipio mosense. Aceesca, tal e como explica a súa xerente, Ángeles Leirós, atópase “explorando terreos en concellos limítrofes” ao de O Porriño, no que actualmente se ubican as súas instalacións, para poder instalar o seu novo proxecto.
Trátase dun proxecto innovador e pioneiro en Galicia para dotar de certificación de profesionalidade nivel 1 a persoas con discapacidade intelectual. Un programa moi ambicioso que precisa dunha solución inmediata á súa necesidade de ubicación.
Para acadar dita solución hoxe atopáronse Leirós e Arévalo, que trataron sobre posibles parcelas dispoñibles no Concello de Mos, que poderían resultar de interese para Aceesca.
Aceesca Emprego acreditouse como empresa de formación e ten autorizada para este proxecto a formación en xardinería. Está previsto que no mes de decembro inicien a formación nas súas instalacións porriñesas en Torneiros "aínda que en precario por falta de espazo. O que podería ser un proxecto para 30 persoas con diversidade intelectual vaise reducir a tan só 10 prazas, porque xa non temos cabida para nada máis no actual centro”, tal e como declaraba Ángeles Leirós fai poucos días aos medios de comunicación.
Leirós lembraba nas súas declaracións aos medios que "a través deste programa, tan innovador e necesario, e durante tres anos, as persoas reciben formación continua coa metodoloxía aprender facendo, que é como se pode afianzar capacidades de forma efectiva. Pero ademais, desde o primeiro día, o aprendiz ten un contrato laboral a media xornada, que axuda a adquirir e consolidar os coñecementos e capacidades que se traballan na formación e ao finalizar os tres anos acredítanse cunha cualificación profesional oficial que lles abre moitas portas no mercado ordinario de traballo".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11