SALCEDA DE CASELAS
O Goberno Municipal lamenta "a actitude pouco colaboradora do PP"
O Equipo de Goberno propuxo aprazar o Pleno ordinario para incluír os temas que están en exposición pública e evitar a celebración dun Pleno extraordinario, e o PP rexeitou a proposta
O Equipo de Goberno de Salceda (MS e PSOE) lamentaron "a actitude pouco colaboradora do Partido Popular de Salceda ante a solicitude de cambio de data do Pleno ordinario que se celebrará este venres 25 de outubro, e que non incluirá puntos na parte resolutiva da orde do día".
Precisamente nesta semana rematan os períodos de exposición pública dos orzamentos municipais, o regulamento de honras e distincións e o regulamento orgánico municipal (ROM), polo que o equipo de goberno trasladoulle ao PP a intención de aprazar o Pleno ordinario dúas semanas para poder introducir a aprobación definitiva destes tres puntos e evitar así a celebración dun Pleno extraordinario, que supón un esforzo tanto económico como administrativo para o Concello. Sen embargo, o Partido Popular aproveitou a ocasión para respostar con unha chantaxe ao Goberno Municipal, pedindo a inclusión de novos puntos a maiores, materialmente imposibles de realizar no período de 15 días proposto, co agravante de pedir a inclusión de temas responsabilidade dunha Concelleira que se atopa de baixa laboral.
Os grupos de goberno (MS e PSOE) lamentaron "a actitude irresponsable do Partido Popular, que prefire manter un Pleno ordinario baleiro na súa parte resolutiva sabendo que iso conleva a celebración dun Pleno extraordinario, co custo administrativo como económico que supón para o Concello. Cabe destacar que a celebración de cada Pleno supón retribucións para cada un dos concelleiros e concelleiras do Partido Popular e tan só para un concelleiro do equipo de goberno que non ten adicación, polo que esta negativa pode atender a fins exclusivamente económicos".
Dende MS e PSOE solicítanlle ao PP que en vez de adicarlle tanto tempo á campaña electoral das xerais se dediquen a facer o seu traballo de oposición en Salceda en tempo e forma, pois para iso os elexiron os veciños e veciñas.
Loli Castiñeira, Alcaldesa de Salceda, lamentou a actitude irresponsable do PP, decidindo non colaborar coa acción de goberno e antepoñendo os seus intereses aos intereses da veciñanza.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186