Sábado, 20 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 23 de Octubre de 2019 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

A Xunta retoma a construción da glorieta da senda entre Gondomar e A Ramallosa

A glorieta, situada na intersección coa vía provincial de acceso a Donas, completa as obras deste itinerario peonil, reforzando a seguridade dos peóns e ciclistas e facilitar os xiros á esquerda neste punto

A Xunta retomou esta semana  os traballos de construción dunha glorieta na estrada PO-340, na intersección coa vía provincial que vai a Donas, en Nigrán, para aumentar a seguridade e facilitar a mobilidade dos veciños desta contorna. Esta rotonda está enmarcada no proxecto da senda peonil e ciclista entre Gondomar e A Ramallosa, unha obra na que a Xunta inviste 2,3 millóns de euros para mellorar a seguridade viaria da estrada PO-340 e que xa está rematada, a falta da retirada de postes de electricidade como que impedían a execución desta glorieta.
A glorieta realizarase no punto quilométrico 20+340 da estrada autonómica e complementará o itinerario executado, pois contribuirá ao calmado do tráfico, reforzará a seguridade dos peóns e ciclistas e facilitará os xiros á esquerda na estrada neste punto.
 

 

Para executar esta infraestrutura era necesario retirar uns postes da rede eléctrica, polo que vez resolto este problema, comeza a execución da glorieta, as isletas para encauzar de modo axeitado aos vehículos e a colocación de sinalización horizontal e vertical.

 

Orzamentos
A Xunta continúa traballando para mellorar a calidade de vida dos veciños da comarca de Val Miñor, tal e como amosa o Proxecto de orzamentos do Goberno galego para 2020, que recollen unhas partidas de case 1,5 millóns de euros para manter o funcionamento das depuradoras de Nigrán e Gondomar e garantir así os servizos de saneamento, cuxa competencia é municipal.

 

Os presupostos para o vindeiro ano tamén inclúen un orzamento de 380.000 euros para financiar as bonificacións nas peaxes na autoestrada AG-57, que proximamente se entenderán ás familias numerosas.

 

O Goberno galego mobilizou xa 3,2 millóns de euros en sendas peonís no Val Miñor e destinará un total de 1,6 millóns de euros a eliminar os treitos de concentración de accidentes.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.