VIGO
Caballero dá ánimos á familia do axente vigués ferido en Cataluña
O alcalde de Vigo saudou este luns a medio centenar de axentes da Policía Nacional que participan nun curso de seguridade no Porto de Vigo e aproveitou para louvar o seu labor. Abel Caballero tamén aproveitou para solidarizarse co axente vigués ferido en Cataluña e coa súa familia
![[Img #57302]](https://xornal21.com/upload/images/10_2019/2612_1571659787211019cursopolicia_012.jpg)
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, destacou este luns durante a apertura do XIV Curso de Seguridade en Portos o labor que realiza a Policía Nacional para dar seguridade á cidadanía. O rexedor tivo palabras de afecto para o axente vigués ferido en Cataluña o pasado fin de semana e mandou tamén unha mensaxe de ánimo a súa familia.
Xa na rolda de prensa posterior, o alcalde indicou que se mantivera en contacto coa familia do axente ferido e tamén co propio presidente do Goberno, Pedro Sánchez, que este luns se desprazaba a Barcelona.
"Estamos moi orgullosos do traballo que levades a cabo pola seguridade de todos os cidadáns, en Vigo colaboran estreitamente a Policía Nacional, a Local e Garda Civil polo ben de todas as persoas, iso é o importante", destacou.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49