Jueves, 18 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 25 de Octubre de 2019 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

O Concello de Nigrán e Surf de Patos celebrana xornada de limpeza de praias

Estaba prevista para o 19 de outubro na praia de Patos pero debido á choiva trasladouse a este. Os interesados en participar como voluntarios deben inscribirse no mail atencioncidada@nigran.org

[Img #57327]O Concello de Nigrán súmase por terceiro ano consecutivo, e nesta ocasión coa Asociación de Escolas de Surf de Patos, á novena xornada de limpeza simultánea de praias capitaneada pola asociación ecoloxista Adega (inicialmente programárase para o sábado 19 de outubro pero debido á choiva trasladouse a este). Así, a praia de Patos formará parte este sábado dende as 11:00 horas da vintena de areáis de toda Galicia no que se intervirá. Tódalas persoas que desexen participar como voluntarias deben inscribirse no mail atencioncidada@nigran.org aportando nome e teléfono de contacto ou directamente na Oficina de Información Cidadá do Concello de Nigrán de 9.00 a 14.00 horas (986365000). A duración estimada é de dúas horas e comezará ás 11:00 (punto de encontro local de Prado Surf en Patos ás 10:45).

 

As limpezas de praias son actos simbólicos, nos que non se debe ver ao voluntariado como man de obra barata para deixar limpos os areais. Son actividades de concienciación e educación ambiental que permiten que a cidadanía coñeza a problemática dos residuos mariños, a súa procedencia e os impactos que causan, así como avaliar cales son as medidas que cada un de nós pode desenvolver para minimizar este problema. Tapóns, bolsas, anacos de redes ou de cordas de nailon, son exemplos de restos de orixe plástico que alén do seu impacto visual supoñen un perigo para a fauna e a flora mariña e mesmo representarían, pola súa transferencia trófica, un risco para os seres humanos.

 

O Concello de Nigrán, como xa ven facendo co 'Proxecto Ríos' de Adega, quere concienciar tamén sobre a importancia dos valores da nosa costa, a problemática da contaminación mariña e das algas invasoras ou a alteración do ecosistema, así como promover as medidas que cada cidadán pode levar a cabo para minimizar estes impactos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.