GALICIA
Galicia participa nun estudo europeo para a conservación e mellora da biodiversidade
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda inaugurou esta mañá unha xornada sobre o Proxecto Biogov, co que se busca mellorar a gobernanza da biodiversidade e no que participan rexións europeas como, os Países Baixo, Bélxica, Polonia, Romanía, Bulgaria e Eslovenia
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, salientou esta mañá á oportunidade que representa que Galicia participe nun estudo europeo para levar a cabo plans de acción que melloren a eficacia dos fondos que se destinan a conservar e mellorar a biodiversidade.
Ángeles Vázquez clausurou esta mañá unha xornada sobre o Proxecto Biogov: Celebrando a Gobernanza da Biodiversidade, onde se puxo en valor o obxectivo deste programa, o mantemento e mellora da biodiversidade coa produción sustentable do territorio, a través da participación de todos os actores implicados, de xeito que a experiencia recollida se integre e aplique na definición das políticas públicas sobre o territorio.
Trátase dun proxecto novidoso que só se está levando a cabo en sete rexións que son -xunto con Galicia-: Países Baixos (Provincia de Fyslán), líder do proxecto; Bélxica (Axencia de Terras Flamencas); Polonia (Rexión Lodzkie); Romanía (Axencia para a protección ambiental de Mures e a Fundación ADEPT de Transilvania); Bulgaria (Asociación de xestión) e Eslovenia (Instituto Forestal esloveno).
No caso de Galicia, o proxecto céntrase na protección e restauración da biodiversidade dentro da Grande Área Paisaxística das Serras Orientais, definida no Catálogo das Paisaxes de Galicia. Detallou que, concretamente, se elixiu o Concello de Cervantes como zona piloto por dúas razóns: é un concello no cal máis do 90% é Rede Natura e é un concello cun marcado carácter gandeiro.
A conselleira de Medio Ambiente destacou a oportunidade que representan este tipo de iniciativas, xa que permiten coñecer e compartir as distintas realidades das diferentes rexións que deben afrontar retos moi semellantes, polo que compartir experiencias para coñecer as mellores prácticas que se están levando a cabo en cada país, así como a súa posible adaptación ou aplicación noutras zonas, permitirán acadar pautas máis enriquecedoras.
No caso de Galicia seleccionouse o Concello de Cervantes por ser un municipio con máis dun 90% dos terreos en Rede Natura e ter un carácter gandeiro fortemente marcado
A través de encontros, que se prolongarán ata o mes de maio do vindeiro ano, traballase na definición da primeira fase do plan de acción, que pretende mellorar a eficacia deste fondos na paisaxe nas zonas de Rede Natura.
Estes plans incluirán unha proposta de accións e medidas para o mantemento, mellora, recuperación ou rexeneración das paisaxes presentes naquela área que serán compatibles e complementarios cos instrumentos de planificación e ordenación deste espazo natural (ZEC Ancares – O Caurel).
Nese sentido, destacou a necesidade de evitar a perda dos servizos ecosistémicos que a biodiversidade e a paisaxe proporcionan maniféstanse de forma moi notoria nos incendios forestais que, por desgraza, de forma recorrente afectan cada ano aos nosos montes. Galicia conta cunha biodiversidade e valores paisaxísticos únicos no mundo, por iso para a Xunta de Galicia coidalos e conservalos é sempre unha prioridade, pois perdelos traduciríase nun grave deterioro do equilibrio natural e da vida das persoas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.26