Jueves, 09 de Abril de 2026

Actualizada Jueves, 09 de Abril de 2026 a las 18:36:40 horas

Xornal21.es
Viernes, 25 de Octubre de 2019 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Concerto extraordinario de outono da Banda de Música Xuvenil de Xinzo

[Img #57336]O domingo 27 de agosto, ás 19:00h, a Banda de Música Xuvenil de Xinzo ofrecerá un concerto extraordinario no auditorio municipal de Ponteareas en colaboración co guitarrista Xosé Antonio Rodríguez, músico e docente na especialidade de guitarra no Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela.

 

A Banda de Música de Xinzo, interpretará un programa de elevada dificultade técnica e formado por pezas de orixes e características moi diversas. Os asistentes poderán escoitar obras que irán dende o pasodobre galego, ata o poema sinfónico, pasando pola pequena sinfonía para orquestra de ventos.

 

O concerto estará dirixido por Javier Blanco, Director titular da Banda de Música Xuvenil de Xinzo, o cal convida a todos os amantes da música a que acudan a dito concerto e gocen con este interesante e agradable programa. “Esta cita representa para a banda a primeira meta no proceso de preparación dun repertorio complexo e ó que lle dedicamos moito esforzo. Cremos que é moi importante incluír concertos destas características na nosa programación, tanto polo que supoñen no proceso formativo dos alumnos da nosa escola e dos membros da banda, como pola labor de difusión que se realiza, xa que non hai moitas oportunidades de escoitar este tipo de repertorio ou a solistas do nivel de Xosé Antonio Rodríguez”.

 

A entrada ao auditorio municipal será libre, ata completar o aforo máximo de 500 persoas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.