VIGO
Fomento outorga outros 778.000 euros para a rehabilitación de vivendas en Vigo
O Plan de Rehabilitación e Rexeneración Urbana 2018-2021 está a permitir actuar en 315 vivendas nestes momentos, cun volume de inversión de 4,6 millóns dos que 1,8 proceden do Ministerio de Fomento. Onte mesmo, o Goberno Central adxudicou outros 778.000 euros á partida de Vigo para poder acometer unha segunda fase deste plan, dada a boa xestión executada con estes recursos
Vigo contará en 2019 con 778.000 euros adicionais para a rehabilitación de vivendas no Casco Vello, Bouzas e Coia. O Ministerio de Fomento vén de ampliar a partida que recibe o Concello dentro do Plan de Rehabilitación e Rexeneración Urbana 2018-2021, que permite desenvolver nestes momentos 315 actuacións cun volume total de inversión de 4,6 millóns, dos que 1,8 proceden de Fomento. A boa xestión do Concello permite que Vigo sexa un dos poucos municipios galegos que poden recibir achegas extraordinarias como a que vén de outorgar o Ministerio de Fomento, que permitirá desenvolver un volume de inversión de 1,7 millóns nunha segunda fase deste programa estatal de rehabilitación de vivendas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49