GALICIA
Feijóo reclamas plazos reais para o AVE "é inviable que as obras rematen en 2019"
O treito Zamora-Pedralba da liña Galicia-Madrid atrasarase ata ben entrado o 2020 e na conexión Lugo-Ourense non hai ningunha obra en execución que permita cumprir os prazos comprometidos de 2021
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, afirmou que é totalmente inviable que as obras pendentes do AVE rematen a finais de 2019 e reclamou ao Goberno central que dea información sobre os prazos reais. Esta é a conclusión que se extrae dun informe coñecido hoxe polo Consello da Xunta sobre o nivel de cumprimento dos compromisos do Goberno para as obras na liña de alta velocidade entre Galicia-Madrid e na liña Lugo-Monforte-Ourense.
Para acadar o “obxectivo de país” de reducir o tempo de viaxe desde Galicia e Madrid a través de tren de alta velocidade, lembrou Feijóo, na última década a Xunta mantívose nunha posición de “exixencia no cumprimento dos prazos e lealdade institucional cando hai dificultades”.
Nesa liña, a Xunta asumiu que era o seu deber seguir de primeira man a evolución das obras do AVE, tras “soportar atrasos, demasiados enganos e algún ataque que outro en función do Goberno de turno”, sinalou Feijóo, que tamén incidiu na transparencia e na necesidade de informar aos galegos de como está o tren de alta velocidade.
Así se fixo cando no ano 2016 se elaborou o primeiro informe sobre o grado de execución das obras do tren de alta velocidade ante a situación de bloqueo político que se viviu en España. Naquela ocasión, o informe contrastouse co Goberno central, que fixou o obxectivo de que as obras estivesen finalizadas a finais de 2019.
Posteriormente, en xuño de 2018 o Consello coñeceu un segundo informe que acreditaba que o cronograma fixado para o remate a finais de 2019 era viable e realista. De feito, o hoxe presidente en funcións, Pedro Sánchez, confirmou que o Goberno estaba en disposición de cumprir os prazos comprometidos, algo que ratificaron posteriormente tanto o ministro de Fomento como a presidenta de Adif.
Feijóo lembra que a Xunta mantivo unha posición de exixencia no cumprimento dos prazos e lealdade institucional cando houbo dificultades
Sen embargo, “menos de un ano despois desas manifestacións, e cando estamos a 60 días de vencer o prazo, os galegos carecemos de garantías de que este prazo se vaia cumprir e, ao contrario, consideramos que existen razóns de preocupación”, lamentou o presidente da Xunta.
Segundo o informe elaborado pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, con toda probabilidade, a posta en servizo do treito Zamora-Pedralba da liña Galicia-Madrid non se producirá neste ano 2019 e se atrasará ata ben entrado o 2020, dado que se produciu un notable retraso sobre o prazo previsto de finalización das obras e de inicio das probas. De feito, o tren laboratorio de Adif non empezou a circular nese tramo ata xuño de 2019, isto é, seis meses despois do estipulado.
No tocante á liña Pedralba-Ourense, cuxo completo remate se comprometeu para finais desde ano 2019, detéctanse certas incertezas en relación cos prazos previstos para a execución das bases de montaxe así como os prazos dos contratos de subministro de material. Pero considérase especialmente preocupante o grao de execución da montaxe de vías, especialmente na vía esquerda e, ademais, detéctanse considerables atrasos na electrificación e nos traballos de control de seguridade dos túneles.
No que respecta á liña Ourense-Monforte-Lugo, o presidente sinalou que o único contrato licitado nos últimos 16 meses afecta aproximadamente ao 15% da liña e o 85% restante non está nin licitado. Dado que o prazo previsto de execución do único contrato licitado é de 20 meses, “é imposible que no ano 2021 a electrificación da liña estea finalizada”, sinalou Feijóo, tendo en conta que non hai ningunha obra en execución nesa liña.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.26