Jueves, 18 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 25 de Octubre de 2019 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Panxón acolle este domingo a final da liga autonómica galega de Futevolei

Ao torneo, que tivo que mudar a data inicial por mor da choiva, acoden 14 parellas de xogadores

O Concello de Nigrán colabora coa Asociación Futevolei Vigo para ofrecer este domingo 27 de outubro na praia de Panxón a final da liga autonómica de Futevolei, prevista para o domingo pasado pero que tivo que ser suspendida por mor da choiva. Para esta quinta e derradeira etapa están inscritas 14 parellas.

 

O torneo, que arranca ás 10:00 da mañá, conta con dous categorías, amateur e Prata, e se disputará cunha liguilla inicial e conseguintes eliminatorias ata chegar a final,  que terá lugar sobre as 19:00 horas.

 

O obxectivo da Asociación Futevolei Vigo é difundir este deporte e promovelo para realizar máis competicións. Trátase dun deporte fusión do voleibol e o fútbol que se xoga principalmente en campos situados sobre a area da praia, aínda que tamén é practicado en superficies de formigón ou herba, sempre simulando un campo de voleibol. Goza de gran popularidade en países como Brasil, Paraguai e España. As normas son similares ás do  voleipraia, salvo a excepción de que non está permitido golpear o balón coa man ou o resto do brazo. O habitual é que os equipos estean formados por dous xogadores, aínda que tamén pode xogarse un contra un.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.