Martes, 23 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 29 de Octubre de 2019 Tiempo de lectura:
BAIONA

David Fernández Rivera trae unha vez máis a poesía visual aos colexios de Baiona

Un ano máis, os alumnos de quinto de primaria de todos os centros educativos de Baiona, poderán gozar xunto ao poeta e pedagogo vigués David Fernández Rivera do Proxecto Caligrama 2000, unha iniciativa que, a través dunha pedagoxía pioneira, busca introducir aos máis pequenos no apaixonante mundo da poesía visual. A actividade, que desde hai anos promove o Concello de Baiona e que xa se instaurou de forma habitual nos centros do municipio, foi presentada no CEP Sabarís polo edil de educación, Óscar Carreño Miniño, quen animou aos alumnos a aproveitar ao máximo esta oportunidade única para crecer dende a poesía.

 

Ao longo dos últimos anos, David Fernández Rivera demostrou que a poesía visual é unha ferramenta con grandes virtudes pedagóxicas de cara ao desenvolvemento da creatividade e pensamento crítico dos nenos, unha ferramenta coa que Rivera consegue encher de entusiasmo e imaxinación cada unha das aulas que visita. Mostra disto é a participación efusiva coa que os pequenos viven o obradoiro, no que aprenden, entre outras cousas, a crear e interpretar poemas visuais. 

 

Con todo, este proxecto con David Fernández Rivera non terminará tras a realización dos talleres debido a que estes terán unha continuidade grazas ao desenvolvemento de diferentes actividades que impulsará no municipio co apoio da Concellería de Educación.

 

Xa o pasado ano, tras finalizar os obradoiros, o poeta promoveu un concurso interescolar de poesía visual que culminou coa inauguración da instalación do poema visual “Infinito” da súa propia autoría e adicado aos máis pequenos da vila na fachada do Centro Multiusos Anxo Bedriñaña.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.