Redondela
A A.R.para a Recuperación da Memoria Histórica oponse á celebración do Samaín en San Simón
A ARMH de Marín amosa a súa perplexidade e indignación ante un nova mostra de insensibilidade e falta de respecto ás vítimas do franquismo, moitas delas presas no campo de concentración e exterminio instalado en San Simón.
"Non é a primeira vez que neste lugar, que debería ser de lembranza e homenaxe, de historia e recuperación da nosa memoria silenciada, convírtese en escenario de festivais, encontros e todo tipo de celebracións que non semellan propias dun espazo coa simboloxía e significado que alberga esta illa, coa conivencia das institucións públicas" aseguran nun comunicado.
"Sumámonos, pois, ás numerosas manifestacións e actos en contra da anunciada celebración dunha festa de Samaín, promovida dende unha empresa privada, e esiximos que se poña fin definitivo a este tipo de actividades na Illa de San Simón, que non fan máis que contribuír á desmemoria e a aumentar a dor de miles de familias que aínda non viron cumprido o seu lexítimo dereito a obter xustiza, verdade e reparación" explican.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91