Sábado, 28 de Marzo de 2026

Actualizada Sábado, 28 de Marzo de 2026 a las 09:29:41 horas

Xornal21.es
Viernes, 01 de Noviembre de 2019 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Protección Civil de Tomiño galardoada polos seus 25 anos de traballo

O presidente da agrupación, recolleu a distinción, acompañado polo concelleiro de Seguridade e voluntarios

A Asociación Nacional de Agrupaciones de Voluntarios de Protección Civil (A.N.A.V) fixo entrega a pasada fin de semana á Agrupación de Voluntarios de P. Civil Tomiño, de Tomiño da "Placa ao mérito na súa categoría de Ouro" pola súa labor durante 25 anos. O acto tivo lugar o sábado, na Academia Galega de Seguridade (A Estrada), até onde se desprazaron o presidente da agrupación tomiñesa, Iván Fernández, a secretaria, Elsa Ramilo, dous voluntarios máis e o concelleiro de Seguridade, Ismael Troncoso.

 

O colectivo creouse no ano 1992 e foron varios os seus presidentes. A Agrupación está formada na actualidade por homes e mulleres que realizan anualmente entre 300 e 500 servizos, aproximadamente, colaborando en accidentes de tráfico, accidentes urbanos, incendios forestais, procura de persoas desaparecidas, etc.

 

As instalacións da agrupación constan dunha oficina e unha sala de descanso. Contan con varios vehículos e demais material que lles permite desenvolver o seu traballo (1 camión, 1 furgón, 1 todo terreo, dous remolques, 2 embarcacións, desfibrilador, etc.). As persoas da agrupación asisten a cursos de forma permanente (accidentes na estrada, primeiros auxilios, incendios urbanos e forestais, aterraxe de aeronaves de emerxencia, de localización de persoas desaparecidas en zonas illadas, etc.).

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.171

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.