Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21.es
Martes, 29 de Octubre de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O PP do Porriño pide que se axude a Osílice

Os populares solicitan a creación dunha partida de 2.500 euros para a Asociación Galega de Afectados por Silicose, así como o incremento, en base ás súas necesidades, das axudas ao Club Baloncesto Base, Mosende AD e Budiño CD

O PP de Porriño presentou unha moción ao próximo pleno ordinario, que se celebrará mañá mércores 30 de outubro, para que o Concello do Porriño conceda unha axuda á Asociación Galega de Afectados por Silicose,  Osílice.  Trátase de aprobar unha partida de 2.500 euros para axudar a esta asociación para facer fronte aos gastos da súa actividade.

 

"Debemos recoñecer o labor que esta asociación vén realizando desde a súa constitución en 2013, asesorando e defendendo os dereitos dos afectados por esta enfermidade que afecta por centos de persoas non só no Porriño, senón en toda Galicia", apuntou Alejandro Lorenzo, "Non é a primeira vez que solicitamos que se apoie o seu traballo desde o Concello, conseguimos que se aprobase en pleno en novembro de 2018. Non é aceptable que non se apoie a esta asociación en base ao labor social que desempeñan e ao gran número de afectados por silicose que hai no noso termo municipal".

 

Así mesmo, ante a necesidade urxente que teñen os clubs deportivos de dispoñer de recursos suficientes para o seu funcionamento, os populares piden novamente -xa foi aprobada a instancia deste grupo en 2018- que se incrementen as partidas destinadas ao Club Baloncesto Base, Mosende AD e Budiño CD en 40.000 euros, 3.000 euros e 3.000 euros, respectivamente.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.