Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 03 de Noviembre de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Problemas de tráfico no Polígono da Granxa

Alcaldesa e empresarios trataron de diversas melloras en materia de tráfico no Polígono da Granxa mentres a Policia Local intensifica a vixiancia

Eva García de la Torre tratou cunha representación empresarial do Polígono de A Granxa diversas melloras que implementar no ámbito dese recinto industrial para aliviar a presión de tráfico rodado que soporta. A alcaldesa, acompañada do inspector xefe da Policía Local, Daniel Rodríguez  reuniuse con Indalecio Cuevas, presidente e David Sobral, xerente  da Entidade de Urbanística de  Conservación “A Granxa” e co director xeral da fundación “CTAG”, Luis Moreno.


Unha das solucións pasa pola oferta que fixo a alcaldesa ó Centro Tecnolóxico do Automóbil de Galicia de cederlle mediante convenio unha parcela de titularidade municipal ó carón do CTAG para que sexa acondicionada por esta entidade como aparcamento exclusivo para o seu persoal.


Asimesmo a alcaldesa informou que desde a Policía Local de O Porriño tense requerido  á varias empresas tanto unha de loxística de recente implantación como de transportes para que non realicen ocupación de espazos públicos con labouras de carga e descarga óu como aparcamento para vehículos, xa seaxan furgonetas de reparto ou camións de gran tonelaxe.


De feito esta nesma semana  mesmo a Policía Local de O Porriño, tras comprobar que as advertencias realizadas non se respetaron, impuxou dez denuncias por infraccións ó vixente Regramento Xeral de Circulación como se pode apreciar nas imaxes adxuntas.


Por outra banda desde a Xefatura da Policía Local informouse de que nos vindeiros días instalaranse sinais verticais de “prohibido estacionar agás turismos” nun tramo da vía principal do Polígono de A Granxa onde producense estas incidencias.

 

Co respecto a outros asuntos abordados na reunión, Eva García trasladou á representación empresarial a información que recibiu recentemente de David Regades, delegado da Zona Franca sobre o estado de tramitación do proxecto da Cidade do Transporte que acollerá Porriño e deberá desafogar moita da presión de tráfico actual.
Por último a alcaldesa indicou á representación empresarial que de xeito inminente haberá unha redistribución de competencias como consecuencia da incorporación de dous concelleiros do BNG ó goberno municipal e que as infraestructuras pasarán a ser responsabilidade de Pedro Pereira ainda que as soluciones que se adopten serán consensuados polos dous grupos do gabinete.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.