Martes, 16 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 05 de Noviembre de 2019 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Nigrán promove a plantación dunha parcela destinada a froitos do bosque

Recuperarase unha superficie de 500 m2 en desuso situada ao carón do Castro e queimada nos incendios do 2017 para plantar ao longo do mes de decembro arándanos, amoras e framboesas

O Concello de Nigrán, grazas a un convenio entre Deputación de Pontevedra e a Asociación Forestal Galega (ASEFOGA), promove coa Comunidade de Montes de Chandebrito a plantación dunha parcela piloto de froitos do bosque en 500 metros cadrados de superficie no coñecido como 'Chans do Castro' (moi próximo ao castro). Este proxecto experimental nace co obxectivo de recuperar terras en desuso ou abandonadas servindo de guía e incentivo para a producción de arándanos, framboesas e amoras entre veciños e demais comunidades de montes (neste caso trátase de solo completamente calcinado nos incendios de 2017, que afectaron ao 99% da parroquia).  Este cultivo, que non precisa de gran superficie e resulta moi rendible económicamente, resulta idóneo para pequenos terreos infrautilizados en Galicia, contribuíndo así non só a xerar emprego, se non a evitar os lumes (producidos en gran medida polo abandono do medio rural).

 

"Recibimos a proposta con entusiasmo porque dende o Concello o que buscamos é ofrecer ás comunidades de montes alternativas á plantación de eucaliptos para a superficie queimada, que é algo que estas entidades teñen tamén moi claro, por iso estamos moi agradecidos á Deputación e Asefoga de que buscasen este espazo en Nigrán", indica o alcalde, Juan González, quen recorda que, precisamente grazas á Deputación e á colaboración das comunidades de  montes de Camos e Chandebrito, Nigrán contará co primeiro parque forestal da comarca.

 

 

 

 

Este proxecto piloto ten como obxectivo servir de guía para os veciños e comunidades de montes que desexen introducir este cultivo, moi rendable económicamente, idóneo para o solo de Galicia, e que non precisa de gran superficie

 

 

 

 

Deste xeito, técnicos de ASEFOGA iniciarán neste mes de novembro a preparación do terreo (non require unha preparación tan exhaustiva como outros cultivos) para, a inicios de decembro, realizar a plantación, que se agarda empece a dar os primeiros beneficios económicos ao cabo de tres anos (estímase que a partires do séptimo ano a producción chega ao seu máximo cun rendemento de 11.000/20.000 kg/ha). Unha vez a plantación esté concluída (que será antes de que remate o ano) a Comunidade de Montes de Chandebrito asume o compromiso de coidala, mantela e explotala a lo menos dez anos, estando os primeiros tres anos totalmente asesorados por técnicos de ASEFOGA (periodo que se considera o máis delicado para que acade o seu completo desenvolvemento). Ademais, a Comunidade de Montes de Chandebrito se compromete a facilitar visitas a grupos ou persoas interesadas en coñecer o proceso para a producción de froitos vermellos.

 

"O PH ácido do solo de Galicia, a humidade e o clima atemperado fai que esta terra resulte especialmente idónea para cultivar os froitos do bosque, estes contan  cada vez con maior demanda por parte do consumidor e teñen un rendemento económico moi superior ao resto de froita, xa que se están a vender en fresco a unha media de 7/15 euros kilográmo, sendo o arándano o mellor pagado", explica Diego Barral, técnico de ASEFOGA que traballa neste proxecto. Así, segundo os últimos datos, en España a facturación de `berries´ aumentou un 300% nos últimos cinco anos debido a súa crecente popularidade entre os consumidores polas súas cualidades dietéticas, gustativas e terapéuticas (consúmense fundamentalmente como producto fresco pero tamén en marmeladas, deshidratados ou conxelados).

 

A Deputación destinou 36.000 euros a promover o cultivo sustentable, mellorar o coñecemento dos froitos do bosque (amoras, arandos ou framboesas) e facer fincapé na importancia ambiental da recuperación das parcelas agrícolas e forestais en desuso.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.