GALICIA
Naturgy prescinde dos centros da Coruña e Ourense
Quedan no aire 130 postos de traballo e deixarase de prestar o servizo en galego
Unha parte deste servizo pasará a prestarse dende Reus (Cataluña) pero a maior parte do volume das chamadas pasarán a ser atendidas dende Colombia
O Comité de empresa de Unitono (Ourense) denuncia que "a partir do día 15 de novembro o servizo de atención ao cliente de Naturgy, tanto luz como gas, que ata o momento se prestaba dende os centros da Coruña e Ourense, desaparecerá. Unha parte deste servizo pasará a prestarse dende Reus pero a maior parte do volume das chamadas pasarán a ser atendidas dende Colombia".
Isto trae consigo tres consecuencias básicas. Primeiro, desaparece totalmente a atención en galego. Segundo, quedará mermada a calidade da atención porque nas novas subcontratas búscase a redución de custes ante todo. E, en terceiro lugar, quedan no aire uns 130 postos de traballo, xa que a empresa que prestaba o servizo para Naturgy, Unitono, aínda non especificou que fará cos seus traballadores, se van ser reubicados ou se van ser, directamente, despedidos.
Evidentemente que en todo isto, para o Comité, tamén hai tres responsables, aínda que non sexa directamente. Primeiro, Naturgy, por prescindir do servizo actual de atención ao cliente co único fin de aforrar custes, aínda que sexa a costa da proximidade ou da calidade. Segundo, a Xunta de Galicia que, como se está a ver noutras empresas e sectores, mira cara outro lado en vez de poñer enriba da mesa as medidas necesarias para frear este tipo de estratexias empresariais. E, por suposto, Unitono, que en dez anos non foi capaz de captar novos clientes que evitarían a situación actual.
Por todo isto, o Comité de empresa insta a Unitono a que aclare xa que vai pasar cos 130 postos de traballo e pide á cidadanía que tome conciencia e denuncie, incluso a través de cartas dirixidas a Naturgy, a súa política de agresividade empresarial que a está a conducir, despois de moitos anos explotando os recursos naturais de Galicia, a levarse agora o traballo fóra da UE cos datos de todos os clientes.
O Comité de empresa de Unitono (Ourense) insiste en que a atención aos clientes de Naturgy en Galicia debe darse con calidade no servizo e dar a opción de que esta sexa en galego.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186