O PORRIÑO
O BNG asegura que traballará para que ACEESCA quede no Porriño
O Bloque Nacionalista Galego, a través do seu portavoz municipal no Porriño, Pedro Pereira, trasladoulle á xerencia de ACEESCA o compromiso dos nacionalistas para traballar co obxectivo de manter as súas instalacións no concello do Porriño, como xa o fixera noutras ocasións.
“No BNG sempre valoramos e recoñecemos o traballo que ACEESCA realiza coas persoas con diversidade intelectual”, sinalou o portavoz municipal, ao mesmo tempo que manifestou o traballo que desde a organización nacionalista sempre se fixo en prol da igualdade de dereitos para todas as veciñas e veciños, en especial para as persoas con discapacidade que a día de hoxe seguen a ter unha maior dificultade na busca de emprego.
Os nacionalistas levaron no programa para as municipais de maio de 2019 unha proposta neste sentido: “Favorecer que as persoas con discapacidade estean máis presentes no mundo laboral, con inclusión de prazas, apoio á empregabilidade nas empresas, con especial atención ás persoas que poidan correr risco de exclusión laboral ou sufran discriminación”.
O proxecto de emprego e formación dual de apoio a persoas con diversidade intelectual que quere levar a cabo ACEESCA no concello do Porriño encaixa perfectamente cos principios e liñas de programa que os nacionalistas queren levar a cabo no Porriño, os cales xa lle foron transmitidos á asociación nunha reunión previa ás eleccións de maio.
O BNG traballará para que a curto prazo se someta á aprobación do pleno a cesión dunha parcela municipal para que ACEESCA amplíe as súas instalacións no Porriño coa construción e posta en marcha do centro de formación profesional para persoas con diversidade intelectual.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149